Galicia es la segunda comunidad autónoma que más energía eléctrica renovable genera en España

Galicia es la segunda comunidad autónoma que más energía eléctrica renovable genera en España

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participa na apertura da I Xornada de almacenamento enerxético en Galicia organizada por Cluergal 

Destaca os datos que sitúan a Galicia como a segunda Comunidade autónoma que máis enerxía renovable xerou entre xaneiro e maio deste ano 2024

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2024

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou na apertura da I Xornada de almacenamento enerxético en Galicia, organizada polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal).

Durante a súa intervención, Fernández Vila destacou os datos que sitúan a Galicia como a segunda Comunidade autónoma que máis enerxía eléctrica renovable xerou entre xaneiro e maio deste ano 2024, coa enerxía hidráulica á cabeza, tan só por detrás de Castela e León. Deste xeito, incidiu na necesidade de apostar pola xestión e o almacenamento de enerxías renovables para aproveitar as súas grandes vantaxes.

Nesta liña, o director xeral salientou a nova Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan recursos naturais de Galicia como unha oportunidade para que a Comunidade galega siga avanzando no proceso de descarbonización e transición enerxética na loita contra o cambio climático. Ademais, Fernández Vila tamén manifestou a relevancia do sector das enerxías renovables en Galicia, supoñendo o 4% do PIB galego e o 0,9% do emprego total, con dez mil postos de traballo nas diferentes tecnoloxías renovables.

Últimas noticias