La Xunta concedió más de un ciento de ayudas por importe de 1 millón de euros para que el sector agrícola primario optimice su consumo energético y apueste por las renovables

La Xunta concedió más de un ciento de ayudas por importe de 1 millón de euros para que el sector agrícola primario optimice su consumo energético y apueste por las renovables

Apóiase a promoción de enerxía renovable eléctrica mediante instalacións fotovoltaicas ou minieólica e actuacións de mellora da eficiencia enerxética

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2024

A Xunta concedeu máis dun cento de axudas por importe de 1,13M€ para que o sector agrícola primario optimice o seu consumo enerxético e aposte polas enerxías renovables. En concreto, apóiase a promoción de enerxía renovable eléctrica mediante instalacións fotovoltaicas ou minieólica, e actuacións de mellora da eficiencia enerxética.

A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), puxo en marcha no mes de abril unha nova convocatoria de axudas co obxectivo de que empresas e autónomos do ámbito agrícola primario puidesen desenvolver proxectos de enerxías renovables eléctricas e proxectos de aforro e eficiencia enerxética.

Estes apoios favorecerán a mobilización de 4,3 millóns de euros e un aforro de enerxía anual equivalente a 264.000 litros de gasóleo. Neste sentido, os beneficiarios aforrarán uns 400.000 euros ao ano no abastecemento enerxético, mentres que o impacto na redución de CO2 é o equivalente a plantar 36.000 árbores.

Tal e como establecía a propia convocatoria, subvenciónanse actuacións que se executen en zonas rurais e teñan un investimento mínimo de 5.000 euros por solicitude (IVE non incluído). A contía da axuda é do 30% do custo elixible no caso de grandes empresas, do 40% para medianas e do 50% para pequenas empresas, cun máximo de 100.000 euros por proxecto e de 300.000 euros por empresa, salvo no suposto de instalacións de autoconsumo colectivo no que se establece unha axuda máxima de 500.000 euros por proxecto e por empresa.

Estas axudas, están cofinanciadas pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola Desenvolvemento Rural (FEADER), e buscan reducir os custos enerxéticos e a factura de enerxía das empresas e autónomos do sector agrícola primario galego para mellorar a súa competitividade; diminuír o consumo de enerxías convencionais para reducir a dependencia enerxética dos derivados de petróleo; aumentar a eficiencia enerxética; e propiciar unha mellora socioeconómica das áreas rurais e a súa protección ambiental.

Últimas noticias