La Xunta destina 400.000€ para impulsar la constitución de 36 comunidades energéticas

La Xunta destina 400.000€ para impulsar la constitución de 36 comunidades energéticas

Permitirán avanzar na implantación das enerxías renovables e no fomento da eficiencia e aforro enerxéticos

Os apoios enmárcanse na convocatoria de axudas do Inega destinadas á planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2024

A Xunta destinou 400.000€ para impulsar a constitución de 36 comunidades enerxéticas repartidas por toda a xeografía galega que permitirán avanzar na implantación das enerxías renovables e no fomento da eficiencia e o aforro enerxéticos. Adicionalmente, na mesma convocatoria apoiase con 45.000 € a planificación estratéxica de 5 comunidades enerxéticas xa constituídas.

Os apoios enmárcanse na convocatoria de axudas para 2024 posta en marcha pola Consellería de Economía e Industria -a través do Inega- destinadas á planificación de entidades locais e comunidades enerxéticas e que conta cun orzamento de 800.000 euros.

A transición enerxética cara a un modelo descarbonizado e dixitalizado precisa dunha maior presenza de renovables no mix enerxético, así como unha maior aposta pola autosuficiencia e o aforro enerxético e nestes obxectivos, as administracións deben ofrecer á cidadanía as ferramentas necesarias, a través dunha tramitación rigorosa e da implantación de axudas, que faciliten a transición.

Axudas para a planificación enerxética

A planificación enerxética de concellos busca que as entidades locais teñan un papel protagonista no proceso de transición, apoiando a contratación de servizos xurídicos ou técnicos precisos para a elaboración dun estudo estratéxico e  a promoción da contratación centralizada.

A intensidade da axuda depende do número de concellos que se agrupen na solicitude e vai do 30 ao 70%, cun 20% adicional se se trata de concellos de menos de 5.000 habitantes e/ou un 10% para concellos fusionados ou se son emprendedores. É dun máximo de 15.000 euros por concello e, no caso de entidades locais que representen a varios municipios, o máximo será de 150.000 euros. Nesta convocatoria a Xunta concedeu unha axuda total de 356.000  € destinada a 10 proxectos que abranguen 39 concellos.

En canto á planificación de comunidades enerxéticas, cóbrense os custos da contratación dos servizos de asistencia para definir as infraestruturas enerxéticas necesarias, así como a elaboración ou ampliación de estatutos, pois tamén se poden presentar solicitudes previas á constitución destes entes. Neste caso, a intensidade é do 80% cun máximo de 15.000 euros.

Últimas noticias