Aspectos xerais

 

Enerxías renovables

ASPECTOS XERAIS
INEGA, como ente público que presta soporte á Xunta de Galicia con actividades orientadas a reforzar a súa estratexia no campo da enerxía, ten entre os seus obxectivos a elaboración de plans e programas en materia enerxética, sempre dentro da perspectiva xeral de fomentar un maior aproveitamento dos recursos enerxéticos e das enerxías renovables de Galicia coa finalidade de diminuír a dependencia enerxética do exterior e as emisións de CO2.

Entre as competencias e funcións de INEGA para alcanzar estes obxectivos, atópanse o fomentar e participar na avaliación e implantación de sistemas de produción de enerxía baseados en recursos endóxenos, con especial promoción dos que utilicen enerxías renovables e de coxeración.

Enerxías renovables

OBXECTIVOS

Os actuais obxectivos de Galicia en canto á presenza das enerxías renovables no consumo de enerxía final e á presenza das enerxías renovables na xeración eléctrica, recóllense na Axenda Enerxética de Galicia 2030, situándose nun 58% e nun 84,8%, respectivamente.

Correspóndenlle á Área de Enerxías Renovables de INEGA todos os aspectos do estudo, proxecto, desenvolvemento e xestión técnica das actuacións en materia de enerxías renovables e doutras alternativas enerxéticas.