Certificación enerxética de edificios

 

Certificación enerxética de edificios

A certificación enerxética dos edificios ten como obxectivo promocionar a eficiencia enerxética nos edificios e que a enerxía que estes utilicen sexa cuberta maioritariamente por enerxía procedente de fontes renovables, coa conseguinte redución das emisións de CO2 no sector da edificación.

O certificado enerxético da información útil ao usuario que desexa comprar, alugar, reformar ou ampliar unha vivenda, valorar as súas características enerxéticas e coñecer o gasto enerxético anual aproximado. O certificado ademáis incorpora recomendacións e melloras para obter un comportamento enerxético máis eficiente, aumentar o confort da vivienda e reducir o gasto enerxético.

Certificación enerxética

A certificación de eficiencia enerxética dos edificios está regulada polo Real Decreto 390/2021 do 1 de xuño, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios (que derogou á RD235/2013). Esta normativa incorpora as indicacións da Directiva (UE) 2018/844, pola que se modifica a Directiva 2010/31/UE relativa á eficiencia enerxética dos edificios e la Directiva 2012/27/UE relativa á eficiencia enerxética.

O órgano competente da Comunidade Autónoma nesta materia é a dirección xeral competente en materia de enerxía, que ten delegadas as súas competencias no INEGA.

 

1. INFORMACIÓN XERAL AO CIDADÁN
QUE É A CALIFICACIÓN DE EFICIENCIA ENERXÉTICA?

A Calificación de Eficiencia Enerxética dun edificio ou dunha parte dun edificio é o resultado do cálculo do consumo de enerxía necesario para satisfacer a demanda enerxética do edificio en condicións normais de funcionamiento e empleo. Permite asignarlle ao edificio unha etiqueta que dá información sobre o seu Consumo de Enerxía primaria de orixen non renovable e sobre as Emisións de CO2 emitidas, clasificándoo dentro dunha escala. Esta clasificación variará desde a clase A, para os máis eficientes, á clase G, para os menos eficientes.

É importante destacar que a calificación se basea na evaluación do edificio independentemente do uso real do mesmo, simulando condicións de funcionamento homoxéneas para todos os casos, de xeito que permita identificar e comparar os edificios pola súa calidade energética e non polo uso dos seus ocupantes, consideración indispensable para axudar na decisión de compra, aluguer ou rehabilitación dun edificio.

QUE É A CERTIFICACIÓN ENERXÉTICA?

A Certificación de Eficiencia Enerxética do edificio é o proceso polo cal se outorga unha calificación de eficiencia enerxética a un edificio en forma de certificado de eficiencia enerxética.

QUE É O CERTIFICADO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA?

O certificado de eficiencia enerxética é un documento que subscribe un técnico competente e non supón en ningún caso a acreditación do cumprimento de ningún outro requisito exigible ao edificio. Proporciona información obxectiva sobre as características enerxéticas dos edificios e o seu obxectivo é contribuír ao aforro enerxético nos fogares e mellorar a información aos consumidores sobre a calidade dos edificios e viviendas.

O certificado de eficiencia enerxética terá unha validez máxima de dez anos, excepto cando a calificación enerxética sexa G, cuxa validez máxima será de cinco anos.

COMO SE OBTÉN O CERTIFICADO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA?

O propietario ou promotor do edificio ou vivenda é quen ten a obrigación de obter o certificado de eficiencia enerxética nos casos nos que lle sexa obrigatorio.

Para iso debe contratar a certificación enerxética do edificio a un técnico competente dacordo co establecido no RD 390/2021.
Durante o proceso de certificación, o técnico certificador realizará polo menos unha visita ao inmoble, cunha antelación máxima de tres meses antes da emisión do certificado, para realizar as tomas de datos, probas e comprobacións necesarias para a correcta realización do certificado de eficiencia enerxética do edificio ou da parte do mesmo.

Para que o certificado de eficiencia enerxética do edificio teña validez legal ten que estar rexistrado no Rexistro de Certificados de eficiencia enerxética de Galicia (RGEEE) que outorgará a correspondente etiqueta de eficiencia enerxética co nº de rexistro.
Esta etiqueta formará parte do certificado e ha de acompañar sempre ao mesmo. O nº de rexistro proporcionado na etiqueta permitirá, no apartado de consulta pública dos certificados, comprobar que efectivamente o certificado foi rexistrado e a cualificación correspondente.

O prazo máximo para a presentación do certificado para o seu rexistro será dun mes desde a súa data de emisión.

CANTO PODE COSTAR UN CERTIFICADO?

Os prezos do Certificado de Eficiencia Enerxética non están regulados e non existen tarifas recomendadas, polo que o custo da certificación vén determinado polo mercado e a libre competencia.

Cada técnico certificador establecerá, en cada caso, o prezo da certificación enerxética en función das características do edificio. Por tanto os prezos poden variar entre un técnico certificador e outro.

En xeral, o custo dos certificados de eficiencia enerxética vese reducido se se certifica todo o edificio de forma colectiva (mediante acordo da Comunidade de Propietarios), en lugar de certificar de maneira individual cada vivenda.

Por outra banda, para tramitar o rexistro do certificado, efectuarase o pago da correspondente taxa de rexistro, a cal se pode consultar no apartado seguinte “Taxas de rexistro”.

CASOS NOS QUE O CERTIFICADO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA É OBRIGATORIO

Os casos nos que a obtención do certificado de eficiencia enerxética é obrigatorio recóllense no RD390/2021 do 1 de xuño, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios e son:

  • Edificios de nova construción (deberá realizarse o certificado de proxecto e o certificado de obra terminada).
  • Os edificios ou partes de edificios existentes que se vendan ou aluguen a un novo arrendatario.
  • Os edificios ou partes de edificios existentes nos cales unha entidade pública ocupe unha superficie útil total superior a 250 m².
  • As reformas ou ampliacións dacordo co establecido no Real Decreto 390/2021.
  • Os edificios ou partes de edificios cunha superficie útil total superior a 500 m² e cos usos definidos no Real Decreto 390/2021 (usos administrativos, sanitario, comercial, residencial público, docente, cultural, actividades recreativas, restauración, transporte e deportivo).
  • Os edificios que teñen que realizar obrigatoriamente a inspección técnica do edificio ou inspección equivalente.
AXUDA AO CIUDADÁN

O Inega dispón dun servizo de atención ao ciudadán a través do correo electrónico inega.certificacionenerxetica [at] xunta.gal (inega[dot]certificacionenerxetica[at]xunta[dot]gal), no que se pode realizar calquera consulta xeral relacionada coa certificación enerxética, así como co procedimiento de inscripción no Rexistro.

Tamén se poden realizar as consultas nos teléfonos: 981541540 / 981541533

 

 

 
 
2. REXISTRO DE CERTIFICADOS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE GALICIA- RGEEE
NORMATIVA DE APLICACIÓN

O procedemento de rexistro en Galicia está regulado por:

  • Decreto 128/2016, do 25 de agosto, polo que se regula a certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Resolución do 10 de outubro de 2016, pola que se aproban os modelos de comunicación para a inscrición dos certificados de eficiencia enerxética dos edificios no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia.    
     

O procedemento de rexistro consiste nunha comunicación (declaración responsable) e é exclusivamente telemático. Existen dous tipos de procedemento:

  • Procedemento IN413C: para rexistrar certificados de proxecto e certificados de obra terminada.
  • Procedemento IN413D: para os certificados de edificio existente.
TRÁMITES PARA REXISTRAR UN CERTIFICADO

A tramitación do rexistro dun certificado de eficiencia enerxética realízase a través da plataforma electrónica do Rexistro de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia RGEEE, que o INEGA pon ao dispor dos usuarios. O rexistro do certificado debe facerse no prazo dun mes para contar desde a data de emisión do certificado.    

Os pasos para seguir son:     
1) Acceder á aplicación RGEEE con usuario e contrasinal (a primeira vez terá que darse de alta e recibirá un correo para activar a conta).    
2) Crear un expediente por cada certificado que pretenda rexistrar.    
3) Cumprimentar a súa "comunicación" e cargue os arquivos requiridos.    
3) Confirmar a súa comunicación.    
4) Presentar electronicamente. Para realizar este paso, é necesario dispoñer do certificado dixital ou DNIe da persoa comunicante (propietario ou promotor) ou da persoa que actúe en representación deste, (neste caso será necesario subir á aplicación un poder de representación/autorización, segundo este modelo)    
5) Xerar e pagar a taxa a través da propia aplicación RGEEE.    
6) Descargar a etiqueta enerxética na que virá o número de rexistro co que quedou inscrito o certificado.

Acceder ao Rexistro dun certificado

 
ESQUEMA DO PROCEDEMENTO

Esquema do procedemento

Na propia plataforma RGEEE o usuario disporá dun Manual máis detallado do funcionamento da mesma.

TAXAS DE REXISTRO

O código da taxa e o importe dependerá do tipo de certificado e o tipo do inmoble.    

PROCEDEMENTO IN413C: Edificios de nova construción ou reformas

  • 31.50.01 CEE do proxecto para vivenda unifamiliar: 5 € + 0,08 € por m2 de S. que se certifica. 
  • 31.50.02 CEE do edificio terminado para vivenda unifamiliar: 5 € + 0,08 € por m2 de S que se certifica. 
  • 31.50.03 CEE do proxecto para edificios de vivendas: 5 € + 0,04 € por m2 de S que se certifica. 
  • 31.50.04 CEE do edificio terminado para edificios de vivendas: 5 € + 0,04 € por m2 de S. que se certifica . 
  • 31.50.05 CEE do proxecto para edificios destinados a outros usos (non residenciais): 5 € + 0,05 € por m2 de S que se certifica. 
  • 31.50.06 CEE do edificio terminado para edificios destinados a outros usos (non residenciais): 5 € + 0,05 € por m2 de S que se certifica.    
     

PROCEDIMIENTO IN413D: Edificios existentes

  • 31.50.07 CEE do edificio existente para vivenda unifamiliar ou vivenda individual en bloque (PISOS): 5 € + 0,08 € por m2 de S. que se certifica.
  • 31.50.08 CEE do edificio existente para edificios de vivenda: 5 € + 0,04 € por m2 de S. que se certifica .
  • 31.50.09 CEE do edificio existente para edificios/parte de edificio destinados a outros usos (non residenciais): 5 € + 0,05 € por m2 de S. que se certifica    
     

IMPORTANTE! A taxa debe pagarse a través da propia aplicación RGEEE, sexa de forma telemática ou de forma presencial acudindo a unha oficina de ABANCA co impreso da taxa que facilita directamente a aplicación RGEEE unha vez realizada a presentación electrónica.

ETIQUETA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DO EDIFICIO DEBIDAMENTE REXISTRADA

O resultado do proceso de certificación de eficiencia enerxética de edificios resúmese nunha etiqueta de certificación enerxética, que cualifica a eficiencia enerxética do inmoble dentro dunha escala de sete letras, que vai desde a letra A (edificio máis eficiente) á letra G (edificio menos eficiente).    
A información sobre o certificado, en particular a etiqueta de eficiencia enerxética, debe figurar na oferta, promoción e publicidade que se realice para a venda ou alugueiro do edificio ou parte do mesmo.

MODELOS EDITABLES DE ETIQUETAS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA

 

 

 

 
 
3. CONSULTA PÚBLICA DE CERTIFICADOS REXISTRADOS
CONSULTA PÚBLICA NO RGEEE

A plataforma electrónica do Rexistro de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia (RGEEE), ten unha sección para a consulta pública dalgúns dos datos dos certificados de eficiencia enerxética rexistrados. 

Nesta sección pódense descargar as etiquetas enerxéticas de cada un dos certificados rexistrados, así como a información das principais características enerxéticas do edificio, dacordo co recolleito no Anexo I do informe de avaliación enerxética do edificio en formato electrónico XML. 
Pódese realizar a procura de certificados rexistrados por provincia, por concello, por letra de emisións, por dirección, por referencia catastral ou combinacións destes parámetros e obter un arquivo en distintos formatos da procura realizada.

ACCEDER Á CONSULTA

PORTAL ABERT@S OPEN DATA

A Xunta de Galicia ten tamén ao dispor do cidadán o Portal ABERT@S OPEN DATA, desde o cal se pode descargar un ficheiro en distintos formatos cos datos das etiquetas enerxéticas dos certificados rexistrados en tempo real (datos desde o 1/06/2015).

ACCEDER AO PORTAL

 

 

 
4. DEDUCCIÓN FISCAL AUTONÓMICA POR OBRAS DE MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA
NORMATIVA DE APLICACIÓN

A lei 7/2019, do 23 de decembro de medidas fiscais e administrativas, recolle unha dedución fiscal na cota íntegra autonómica para a mellora da cualificación enerxética de vivendas ou de vivendas unifamiliares (título I, capítulo I, artigo catro; ler texto completo aquí).    

Esta dedución permite aos contribuíntes deducir da cota íntegra autonómica no exercicio en que se finalice a obra de mellora de eficiencia enerxética dos inmobles de uso residencial vivenda:    

a) O 15 % das cantidades totais investidas. A base da dedución terá como límite 9.000 € por suxeito pasivo.    
b) O custo dos honorarios para a obtención do certificado que xustifique o salto de letra na cualificación enerxética do inmoble, así como as taxas relacionadas coa súa inscrición no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia, cun límite único de 150 € que será prorrateado en función da porcentaxe de titularidade da vivenda.    

As obras que dan dereito a dedución son aquelas que melloren o comportamento enerxético das edificacións reducindo a demanda enerxética, mellorando o rendemento das instalacións térmicas e/o incorporando equipos que utilicen fontes de enerxía renovable e que teñan por obxecto principal subir unha letra na escala de cualificación enerxética de emisións de CO2 e na escala de consumo de enerxía primaria non renovable.

TRÁMITES A REALIZAR PARA PODER APLICAR A DEDUCCIÓN

Para poder acollerse á dedución fiscal por obras de mellora de eficiencia enerxética en edificios de vivendas ou en vivendas unifamiliares, o interesado debe:    

1º) Rexistrar o certificado de eficiencia enerxética tras as obras.    
2º) Cumprimentar o anexo III normalizado aprobado mediante a Resolución do 26 de decembro de 2019 acompañado da seguinte documentación:

  • Informe asinado por técnico competente que xustifique o salto de letra conseguido coas melloras, segundo o modelo que consta no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios dá Comunidade Autónoma de Galicia (descargar modelo de Informe).
  • A totalidade das facturas correspondentes ás obras de mellora de eficiencia enerxética obxecto de dedución así como as relativas á obtención do certificado de eficiencia enerxética.
  • Os xustificantes de pago destas facturas.
  • No caso de que as obras de mellora realícense nun edificio en réxime de propiedade horizontal, certificado das achegas económicas correspondentes a cada comuneiro.
PRAZO DE PRESENTACIÓN

O rexistro do certificado tras as obras e a presentación do Anexo III deberá poder facerse ata que expire o prazo para presentar a autoliquidación correspondente ao período impositivo no que se termine a obra de mellora enerxética obxecto de dedución.

ONDE SE REALIZA A PRESENTACIÓN

A presentación do Anexo III e da documentación que o acompaña realizarase a través da plataforma electrónica do Rexistro de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia (RGEEE), na sección habilitada para iso.

ACCEDER Á PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN

 

5. NORMATIVA RELACIONADA

 

6. PREGUNTAS FRECUENTES
7. ENLACES DE INTERESE