Auditorías enerxéticas (RD 56/2016)

 

Auditorías enerxéticas (RD 56/2016)

O Real Decreto 56/2016 traspón a Directiva 2012/27/UE no referente a auditorías enerxéticas, acreditación de provedores de servizos e auditores enerxéticos, e promoción da eficiencia da subministración de enerxía. A Disposición final primeira do Real Decreto 390/2021, do 1 de xuño, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios, modifica algúns apartados do Real Decreto 56/2016. 
 

Auditorías enerxéticas
 
 
 
Entre os principais aspectos que regula o Real Decreto cabe destacar as seguintes:

Cada 4 anos as grandes empresas terán que realizar unha auditoría enerxética que cubra polo menos o 85 % do seu consumo enerxético ou alternativamente ter implantado un sistema de xestión enerxética ou ambiental certificado por un organismo independente.

No caso das empresas que dispoñan dun sistema de xestión enerxética ou ambiental, aínda que non teñen necesidade de realizar unha auditoría, seguen tendo a obrigación de enviar cada 4 anos os seus datos enerxéticos. Para cubrir o Anexo I, facilitaranse os datos enerxéticos da última inspección realizada (a súa data será a tomada como data de realización da auditoría) e o nome, DNI e titulación do responsable enerxético da instalación (considerase dentro da categoría de auditor interno).

Créase o RAAE (Rexistro Administrativo de Auditorías Enerxéticas) coa información das Auditorías Enerxéticas das empresas as que sexa de aplicación o Real Decreto 56/2016.

As empresas obrigadas deben remitir, ao órgano competente en materia de eficiencia enerxética da comunidade autónoma onde se atopen as instalacións, o Anexo I de comunicación de realización da auditoría no prazo máximo de tres meses desde que a auditoría foi realizada.

Establécense os requisitos para o exercicio da actividade profesional de auditor enerxético (modificados no Real Decreto 390/2021).

As persoas que desexen establecerse como provedores de servizos enerxéticos deberán presentar previamente ao comezo da actividade unha declaración responsable de que cumpren os requisitos (Anexo II) ao órgano competente da comunidade autónoma. Esta declaración habilita en todo o territorio nacional.

Establécense os requisitos para o exercicio da actividade profesional de provedor de servizos enerxéticos (modificados no Real Decreto 390/2021).

 

 

Auditorías enerxéticas

PROCEDEMENTO EN GALICIA DE COMUNICACIÓN DE AUDITORÍAS ENERXÉTICAS (código de procedemento IN418B)

Por Resolución do 4 de abril a Dirección Xeral de Enerxía e Minas delega no Inega as competencias atribuídas conforme ao RD 56/2016. 
A Resolución de 2 de novembro de 2020, do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), publicada no DOG do 18 de novembro do 2020, pola que se aproba o modelo de comunicación da realización dunha auditoría enerxética (código de procedemento IN418B) establece:
 

AS COMUNICACIÓNS PRESENTARANSE OBRIGATORIAMENTE POR MEDIOS ELECTRÓNICOS

 A través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, https://appsinega.xunta.gal/RD56/web/acceso.php que xerará de forma automática o Anexo I, dispoñible no apartado “Documentos” co nome de “Comunicación IN418B”.

AO ACCEDER Á APLICACIÓN INFORMÁTICA DO INEGA

A través do acceso chamado “Acceso mediante certificado digital a las comunicaciones realizadas con el CIF de su empresa (debe constar el CIF en su certificado digital)” a empresa entra cun certificado no que conste o CIF da empresa e, nese momento, móstranselle todas as comunicacións asociadas a ese CIF, podendo realizar o seguinte:

  • presentar ao longo dos anos os datos relativos ao Anexo I
  • facilitar o solicitado en unha emenda ou no Plan de Inspeccións
  • engadir os usuarios aos cales lles darán os permisos para poder tratar as comunicacións. Estas autorizacións, se se desexa, poden estar en vigor soamente durante un certo período de tempo.
ACHEGAR COA COMUNICACIÓN A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN
  • Título habilitante para ser auditor enerxético.
  • Documento que acredite á persoa asinante como representante legal da empresa.
  • Se a persoa que asina unha destas comunicacións, non é o representante legal da empresa, deberá achegar un poder de representación segundo o modelo dispoñible neste link.
  • No caso de optar pola opción do artigo 3.2.b) do RD 56/2016 deberá achegar certificado dun organismo independente de aplicar un sistema de xestión enerxética ou ambiental. As empresas que dispoñan dun sistema de xestión enerxética ou ambiental, aínda que non teñen necesidade de realizar unha auditoría, seguen tendo a obrigación de enviar cada 4 anos os seus datos enerxéticos. Para cubrir o Anexo I, facilitaranse os datos enerxéticos da última inspección realizada (a súa data será a tomada como data de realización da auditoría) e o nome, DNI e titulación do responsable enerxético da instalación (considerase dentro da categoría de auditor interno).
  • No caso de suxeitos obrigados que teñan mais dun centro de traballo, listaxe de todas as instalación da empresa ou grupo de empresas (centros de traballo con distinta localización) situadas no territorio nacional, onde apareza o consumo enerxético de cada unha delas e se identifique o perímetro auditado, asinada por un representante legal.
  • No caso de que se deban facilitar os datos que foron solicitados por unha emenda ou para o Plan de Inspeccións, a documentación presentarase no apartado “Listado de Comunicaciones” na casilla “presentar docs” correspondente á instalación co “código de solicitud” da que se fai o requirimento.

Cada comunicación por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na páxina web do Inega, debe ser para unha única auditoría, que pode incluír unha instalación ou varias da mesma empresa ou grupo de sociedades. No caso de que unha auditoría abarque varias instalacións débense cubrir os datos de cada instalación. Considérase unha instalación cada sede ou centro de consumo enerxético diferenciado pertencente á mesma empresa ou grupo de sociedades.

Unha auditoría pode incluír unha instalación ou varias da mesma empresa ou grupo de sociedades a condición de que se xustifique na auditoría a representatividade da mesma. Considérase unha instalación cada sede ou centro de consumo enerxético diferenciado pertencente á mesma empresa ou grupo de sociedades.

 

 
 
PROCEDEMENTO EN GALICIA DE COMUNICACIÓN DE DECLARACIÓN RESPONSABLE RELATIVA AO CUMPRIMENTO DOS REQUISITOS PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE PROFESIONAL DE PROVEDORES DE SERVIZOS ENERXÉTICOS.

Por Resolución do 4 de abril a Dirección Xeral de Enerxía e Minas delega no Inega as competencias atribuídas conforme ao RD 56/2016.

Para a presentación na Comunidade Autónoma de Galicia do “Anexo II- Modelo de declaración responsable relativa ao cumprimento dos requisitos para o exercicio da actividade profesional de provedores de servizos enerxéticos” o procedemento consiste en remitir o Anexo II adecuadamente cuberto ao Instituto Enerxético de Galicia (Inega) utilizando o procedemento da SedeXunta: PR004A - Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A), indicando no campo “Asunto relacionado” o seguinte: “Dirixido ao Instituto Enerxético de Galicia (Inega) - código DIROF: A12004763”.

A Disposición final primeira do Real Decreto 390/2021, do 1 de xuño, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios, modifica o artigo 7 “Requisitos para o exercicio da actividade profesional de provedores de servizos enerxéticos” do Real Decreto 56/2016

 

 

 

REQUISITOS PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE PROFESIONAL DE AUDITOR ENERXÉTICO
 

Segundo o artigo 1 do RD 56/2016 un Auditor Enerxético é unha persoa física con capacidade persoal e técnica demostrada e competencia para levar a cabo unha auditoría enerxética. 
Segundo o artigo 8 (modificado no Real Decreto 390/2021), as persoas físicas que desexen exercer a actividade profesional de auditor enerxético deberán cumprir algunha das seguintes condicións: 

a) Estar en posesión dunha titulación universitaria oficial ou outras licenciaturas, Graos ou Máster universitarios nos que se impartan coñecementos básicos de enerxía, instalacións dos edificios, procesos industriais, contabilidade enerxética, equipos de medida e toma de datos e técnicas de aforro enerxético, ou ben; 
b) Ter os coñecementos teóricos e prácticos sobre as auditorías enerxéticas, entendendo que posúen devanditos coñecementos as persoas que acrediten algunha das seguintes situacións: 

  • 1.ª Dispoñer dun título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade incluído no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais cuxo ámbito competencial inclúa materias relativas ás auditorías enerxéticas. 
  • 2.ª Ter recoñecida unha competencia profesional adquirida por experiencia laboral, de acordo co estipulado no Real Decreto 1224/2009, do 17 de xullo, en materia de auditorías enerxéticas, nos termos previstos no artigo 19 do citado Real Decreto. 
     

En calquera das anteriores situacións ás que se refire o parágrafo b), ter superado un curso teórico e práctico de coñecementos específicos de auditorías enerxéticas, impartido por unha entidade recoñecida polo órgano competente da comunidade autónoma, co contido indicado no anexo V. A realización deste curso, terá eficacia en todo o territorio nacional, sen necesidade de trámites ou requisitos adicionais. 

En canto á opción a), cabe indicar que non existe ningunha listaxe oficial de titulacións universitarias que habiliten para exercer a actividade profesional de auditor enerxético. Por iso, a aquelas titulacións que xeren dúbidas, solicitaráselles un certificado do reitorado da universidade que o imparta no que se confirme que na titulación en cuestión impártense coñecementos básicos de enerxía, instalacións dos edificios, procesos industriais, contabilidade enerxética, equipos de medida e toma de datos e técnicas de aforro enerxético.

 

Requisitos para o exercicio