La Xunta apuesta por las renovables para avanzar en la descarbonización y en el proceso de transición energética

La Xunta apuesta por las renovables para avanzar en la descarbonización y en el proceso de transición energética

Destaca o modelo que está a desenvolver o Goberno galego baseado no binomio industria-enerxía para vincular o futuro desenvolvemento industrial da Comunidade ás enerxías renovables para xerar riqueza no territorio

Ferrol, 24 de outubro de 2024

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, destacou hoxe a aposta da Xunta polas enerxías renovables para avanzar na descarbonización e no proceso de transición enerxética.

Nicolás Vázquez participou no VII Galician Offshore International Hub (GOinterHUB) onde puxo en valor o modelo que está a desenvolver a Xunta baseado no binomio industria-enerxía co obxectivo de vincular o futuro desenvolvemento industrial en Galicia ás enerxías renovables para xerar riqueza no territorio.

Este obxectivo enmárcase na Lei de promoción dos beneficios socias e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia que se aprobou esta mesma semana Parlamento galego e que permitirá desenvolver proxectos de aproveitamento que impulsen a industria ao mesmo tempo que aportan melloras á cidadanía galega e ás zonas nas que se implantan.

Na mesma liña, explicou que as enerxías mariñas e, en concreto, a eólica offshore, terán un papel importante e subliñou que no noroeste de España hai unha cadea de valor con elevadas capacidades que xa están traballando na eólica offshore e que van seguir medrando nos vindeiros anos.

Durante a súa intervención tamén subliñou a importancia das zonas experimentais de enerxías mariñas para avanzar nun sector “fundamental dentro do binomio enerxía-industria”, pero garantindo sempre a coexistencia e compatibilidade co medio mariño e coa actividade xa implantada.

Neste sentido, resaltou a oportunidade que supón para a Comunidade galega o desenvolvemento da eólica mariña, ca vantaxe que poderían supor os coñecementos adquiridos grazas á plataforma experimental de enerxías mariñas de Punta Langosteira impulsada polo Goberno galego. Segundo expuxo, “contar cunha área de ensaio onde levar a cabo actividades que favorezan o desenvolvemento tecnolóxico e de estudos relacionados co medio mariño, a biodiversidade e os recursos enerxéticos renovables permitiranos seguir avanzando nos eidos enerxético, medioambiental e socioeconómico”, asegurou.

Finalmente, o secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, fixo fincapé na necesidade da colaboración entre as administracións públicas que deben apoiar as primeiras fases do desenvolvemento de novas tecnoloxías con apoios, financiamento, normativa e proxectos europeos.

Últimas noticias