Lorenzana califica la Ley de recursos naturales, aprobada hoy, como la mayor reforma en materia industrial y energética de los últimos años en Galicia

Lorenzana califica la Ley de recursos naturales, aprobada hoy, como la mayor reforma en materia industrial y energética de los últimos años en Galicia

“Hoxe é un día moi importante para Galicia”, di, para poñer en valor que a norma vai permitir á comunidade “avanzar na descarbonización, no autoabastecemento e que vai xerar un crecemento industrial e enerxético importantísimo nesta lexislatura e nas seguintes”

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, cualificou hoxe a Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utiliza os recursos naturais de Galicia, aprobada esta mañá no Parlamento, como “a maior reforma en materia industrial e enerxética dos últimos anos” na comunidade autónoma. 

“Hoxe é un día moi importante para Galicia”, dixo a conselleira ao termo do debate. “É unha lei que nos sitúa ao carón das primeiras economías e que prevé que os beneficios dos recursos naturais repercutan nos galegos. Unha lei -abondou-, que vai permitir avanzar na descarbonización de Galicia, no autoabastecemento e que vai xerar un crecemento industrial e enerxético importantísimo nesta lexislatura e nas seguintes”.

“En Galicia temos sorte porque neste momento de revolución industrial temos todos os elementos para posicionarnos en Europa e, para iso, é necesario ter unha lexislación adaptada e que permita facer uso dos recursos naturais, con pleno respecto ao territorio, pero redundando en emprego e en desenvolvemento económico”, asegurou, para apuntar que a Xunta seguirá traballando agora nunha planificación acorde con esa lexislación.

A Lei de recursos naturais está aliñada cos obxectivos do informe Dragui sobre O futuro da competitividade europea, e vén demostrar que Galicia conta coas condicións óptimas para poñer en marcha moitas das medidas que Europa pretende impulsar para a súa modernización e crecemento.

A norma vai permitir reducir a dependencia enerxética do exterior; acelerar o despregamento das renovables para poder abaratar o prezo eléctrico; democratizar e multiplicar os acordos de compravenda de enerxía a longo prazo (PPA); desacoplar os custos da electricidade da cotización dos fósiles; combater o cambio climático e, sobre todo, poñer en valor os recursos autóctonos.

Cuns principios e cunhas bases moi claras, trátase de aproveitar os recursos naturais coa máxima protección ao medio ambiente, buscando que os beneficios xerados queden en Galicia e que sexa aquí onde xeren riqueza.

A lei entende por beneficios sociais e económicos, entre outros, a mellora das condicións de vida das zonas situadas no ámbito de influencia dos proxectos; a súa protección, mantemento e mellora ambiental; a promoción de novos investimentos e, en particular, de mecanismos de reinvestimento dos beneficios; o fomento da creación de emprego; a participación nos proxectos de investidores locais e de empresas e administracións das zonas en que se situará a instalación; e a redución dos custos da enerxía e a redución da dependencia enerxética das persoas consumidoras locais e industriais.

Últimas noticias