SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2023 PARA CALDEIRAS DE BIOMASA, DESTINADAS A PARTICULARES - IN421P

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2023 PARA CALDEIRAS DE BIOMASA, DESTINADAS A PARTICULARES - IN421P

Inicio solicitude

Fin solicitude

Ano convocatoria

2023

Código(s):

IN421N, IN421P

Concorrencia:

-

Fondos:

Propios

A continuación  se describen brevemente as características principais destas axudas, aínda que  a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 20 de decembro de 2022, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para caldeiras de biomasa destinadas a particulares, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión e se procede á convocatoria destas subvenciones para o ano 2023 (Códigos de procedementos: IN421N, IN421P). (Códigos de procedimientos: IN421N, IN421P). (DOG do 18 de xaneiro de 2023).

Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas. A listaxe actualizarase automaticamente segundo se remate o proceso de revisión das solicitudes de adhesión presentadas.

Resolución de 9 de febreiro de 2024 do Instituto Enerxético de Galicia pola que se da publicidade ás axudas concedidas ó abeiro da Resolución de 20 de decembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para caldeiras de biomasa destinadas a particulares, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede a súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento IN421N e IN421P). (DOG do 16 de febreiro de 2024)

1. Beneficiarios 

a) Persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble residencial,  sempre que as actuacións se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade.

2. Dotación da axuda

TIPOLOXÍA ORZAMENTO  FONDOS
Caldeiras de Biomasa 1.500.000 € Propios

3. Período de actuacións subvencionables

Coa finalidade de fomentar a utilización da biomasa forestal con fins enerxéticos, o período de execución das inversións comeza unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade pola entidade colaboradora, e a data máxima para a súa xustificación será o 2  de outubro  de 2023.

4. Presentación solicitude beneficiarios

As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se admite a tramitación  electrónica.

TIPOLOXIA INICIO SOLICITUDE
Biomasa 1 de marzo as 9.00h

Fin solicitude: 29 de xuño de 2023

5. Documentación mínima necesaria para a tramitación do procedemento

- Solicitude de axuda - anexo IV

- Autorización para a representación - anexo V

- Memoria técnica da actuación, segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal)

6. Intensidade da axuda e contía máxima

- A inversión elixible máxima por potencia unitaria (sen IVE) estará limitada pola características do sistema de conformidade ó disposto no artigo 5 das bases da convocatoria.

- A contía da axuda será do 50% do investimento elixible da instalación.

- A contía máxima por proxecto será de 8.000 €.

- Para o cálculo da axuda establecese unha potencia máxima elixible por vivenda de 85 W/m2 por superficie construída que conste na ficha do catastro, (consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais do ben inmoble).

7. Documentación complementaria

- Memoria técnica Biomasa

- Anexo V - modelo Representación

- Anexo VI - modelo Declaración compromisos membros da agrupación de persoas físicas

- Anexo VII - modelo Renuncia

- Anexo X - Declaración otras ayudas

- Informe Técnico actualización realizada

8. Acceso á aplicación informática

Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.

9. Máis información

Para máis información poden contactar co Inega a través dos teléfonos:

- Parte técnica: 981 541 530, 981 541 524

- Parte administrativa: 981 541 510
 

Últimas axudas

PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS DE APROVEITAMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES ELÉCTRICAS E DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DE PRODUCIÓN AGRÍCOLA PRIMARIA
Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN421L

Frechas enlace Frechas enlace
Planificación enerxética de concellos e comunidades enerxéticas
Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN418E

Frechas enlace Frechas enlace
Subvencións renovación de electrodomésticos
Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN414B, IN414C

Frechas enlace Frechas enlace