A Xunta destaca a aposta de Televés por avanzar na transición dixital e enerxética

foto
A Xunta destaca a aposta de Televés por avanzar na transición dixital e enerxética

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, realizou esta semana unha visita ás instalacións da compañía en Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2023 A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, realizou esta semana unha visita ás instalacións da compañía Televés en Santiago de Compostela e destacou a aposta que está realizando por avanzar na transición dixital e enerxética.

A secretaria xeral puxo en valor os investimentos que Televés realiza en materia de innovación -destinan un 7% a desenvolvemento tecnolóxico e industrial- o que lle está permitindo manterse como unha empresa punteira no eido tecnolóxico. De xeito paralelo, está amosando o seu compromiso coa transición enerxética. Tal e como explicou, nos últimos anos foi beneficiaria de axudas do Inega en materia de eficiencia enerxética por importe de 124.363 euros que permitiron un investimento total de 408.971 euros, así como apoios para implantar proxectos de enerxía solar fotovoltaica para o autoconsumo eléctrico con axudas autonómicas por 55.883 euros.

Uría lembrou que un dos obxectivos da Xunta durante 2023 é poñer a disposición do tecido empresarial todos os incentivos e medidas de acompañamento necesarias para desenvolver proxectos innovadores e sustentables que lle permita gañar en competitividade.

Últimas novas