La Xunta amplía el plazo de solicitud del Moves III, del que ya lleva concedido más de 32 M€ en ayudas para la compra de vehículos eléctricos

La Xunta amplía el plazo de solicitud del Moves III, del que ya lleva concedido más de 32 M€ en ayudas para la compra de vehículos eléctricos

Desde que se abriu a convocatoria en 2021, rexistráronse 9.700 solicitudes, das que a Administración autonómica leva resolto máis do 80%, cun investimento mobilizado superior aos 210M€

Desas solicitudes de axuda, 5.269 foron para mercar un vehículo eléctrico (máis de 22M€) e 2.136 para a instalación de puntos de recarga (máis de 10M€), e se están rexistrando unha media de 270 por mes

O obxectivo deste programa é impulsar a mobilidade eléctrica e sustentable entre particulares, empresas e sector público, incentivando a compra de vehículos eficientes e reforzando a implantación de infraestruturas de recarga

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2024

A Xunta, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), dependente da Consellería de Economía e Industria vén de ampliar ata finais de ano o prazo de solicitude do Moves III, do que xa leva concedido máis de 32M€ en axudas para incentivar a compra de vehículos eléctricos.

En concreto, desde que se abriu a convocatoria en 2021, rexistráronse 9.700 solicitudes, das que a Administración autonómica leva resolto máis do 80%, 7.405 por importe de 32,7M€, cun investimento mobilizado superior aos 210M€.

Desas solicitudes de axuda, 5.269 foron para mercar un vehículo eléctrico (máis de 22M€) e 2.136 para a instalación de puntos de recarga (máis de 10M€), e se están rexistrando unha media de 270 por mes.

Á vista da demanda, o Instituto Enerxético de Galicia solicitou ao Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (Idae), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, dúas ampliacións do crédito inicial, polo que o orzamento total do MOVES III asignado a Galicia ascende neste momento a 50,2M€.

O obxectivo deste programa é impulsar a mobilidade eléctrica e sustentable entre particulares, empresas e sector público, incentivando a compra de vehículos eficientes e reforzando a implantación de infraestruturas de recarga.

Últimas noticias