Lorenzana recuerda que el plazo de solicitudes del Moves III sigue abierto y subraya que la Xunta ya concedió más de 33 M€ para la compra de vehículos eléctricos

Lorenzana recuerda que el plazo de solicitudes del Moves III sigue abierto y subraya que la Xunta ya concedió más de 33 M€ para la compra de vehículos eléctricos

Lembrou que o Inega acaba de ampliar ata finais de ano o prazo de solicitudes deste programa

Sinalou que o obxectivo é impulsar a mobilidade eléctrica e sustentable entre particulares, empresas e sector público

Lorenzana tamén puxo en valor a aposta pola sustentabilidade deste complexo termal coa instalación de sete novos puntos de recarga para coches eléctricos

Mondariz-Balneario (Pontevedra), 7 de agosto de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana lembrou hoxe que o prazo de solicitudes do MOVES III segue aberto e subliñou que a Xunta xa concedeu axudas por máis de 33M€ para a compra de vehículos eléctricos.

Lorenzana visitou o Palacio del Agua do Balneario de Mondariz onde puxo en valor a aposta deste complexo termal pola sustentabilidade e a innovación e destacou que “está adaptado aos novos tempos e son beneficiarios dunha axuda do Plan MOVES III co que acaban de instalar sete novos cargadores eléctricos”. Ademais, tamén apuntou que o complexo “leva investido moito en distintas medidas moitas delas de eficiencia enerxética”.

Neste marco, a conselleira lembrou que o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) acaba de ampliar ata finais de ano o prazo de solicitudes do MOVES III co obxectivo de conceder os fondos que aínda están dispoñibles. “En total son 43M€ que están a disposición de toda a cidadanía”, dixo.

En concreto, desde que se abriu a convocatoria en 2021, rexistráronse arredor de 10.000 solicitudes, cunha media de 270 solicitudes ao mes, das que a Xunta leva resolto máis do 80%, cun investimento mobilizado superior aos 210M€. As axudas van destinadas á compra de vehículos eléctricos e á instalación de puntos de recarga.

Tal e como explicou a titular de Economía e Industria, o programa “pretende impulsar a mobilidade eléctrica e sustentable entre particulares, empresas e sector público” en liña coas prioridades estratéxicas da Axenda Enerxética de Galicia 2030. O plan está financiado pola Unión Europea, a través do Programa FEDER de Galicia 2021-2027.

Últimas noticias