Lorenzana y la alcaldesa de Riós abordan proyectos de eficiencia energética en el municipio ourensano

Lorenzana y la alcaldesa de Riós abordan proyectos de eficiencia energética en el municipio ourensano

A xuntanza serviu para poñer en común diversos instrumentos de apoio local

A titular de Economía e Industria reafirma o apoio da Xunta ao concello, empresas e veciños de Riós

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe unha reunión coa alcaldesa do municipio ourensán de Riós, Eva María Barrio López, con quen abordou diferentes necesidades do municipio e puxo en común diversos instrumentos de apoio ao concello, con especial fincapé nos proxectos de eficiencia enerxética.

Na xuntanza, enmarcada na rolda de encontros da titular de Economía e Industria con alcaldes e alcaldesas da comunidade galega, a rexedora de Riós interesouse pola nova Oficina Económica de Galicia e o seu rol dinamizador e asesor para as empresas, así como por acometer actuacións de eficiencia enerxética no concello, por exemplo, a través da implantación de enerxías renovables.  

Deste xeito, o concello ourensán pode verse beneficiado das axudas e subvencións que ofrece a Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega). A Xunta ofrece diversas liñas de axuda en materia de eficiencia enerxética dirixidas a entidades locais, empresas ou particulares que, en total, xa superan os 50 millóns de euros investidos en sectores como a industria, os servizos ou a agricultura, entre outros.

Últimas noticias