AXUDAS EXTRAORDINARIAS AO SECTOR DA AUTOMOCIÓN EN GALICIA

AXUDAS EXTRAORDINARIAS AO SECTOR DA AUTOMOCIÓN EN GALICIA

Inicio solicitude

Fin solicitude

Ano convocatoria

2024

Código(s):

IG300I - IN422P

Concorrencia:

Non Competitiva

Fondos:

Propios da Comunidade Autónoma

A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, aínda que a información que se considerará oficial a todos os efectos será a publicada na Resolución do 1 de xullo de 2024 do  Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) pola que se aproba a convocatoria de subvencións para axudas extraordinarias á industria da automoción en Galicia e se procede a súa convocatoria para o ano 2024 (códigos dos procedementos liña A: IG300I e liña B: IN422P). (DOG do 2 de xullo do 2024).

1. Actuacións subvencionables

Serán subvencionables as seguintes actuacións que se executen en empresas do sector da automoción ubicadas na Comunidade Autónoma de Galicia e presenten un investimento mínimo de 100.000 euros:

a) LIÑA A:

Investimento en activos fixos tanxibles e intanxibles nos que incorra a empresa dende o 1 de xaneiro de 2024 e anteriores á data de solicitude, podendo tamén incluír investimentos a realizar ata o 16 de decembro de 2024.     
•    Compra de maquinaria ou bens de equipo.     
•    Obras de reforma e rehabilitación de naves ou espazos produtivos.     
•    Programas de implantación de solucións tecnolóxicas (software e hardware).     
•    Outros investimentos en activos fixos.

Custos de elaboración de estudos ou análises de transición cara á mobilidade sostible ou calquera tipo de consultaría estratéxica que impulse a competitividade da empresa, realizados entre o 1 de xaneiro e a data de solicitude, ou ben pendentes de elaboración (en cuxo caso deberá estar rematado antes do 16 de decembro de 2024). 

b) LIÑA B:  

Proxectos non iniciados antes da presentación da solicitude e rematados antes do 16 de decembro de 2024 de aforro e eficiencia enerxética ou de enerxías renovables que cumpran os seguintes requisitos: 

B.1) Proxectos de aforro e eficiencia enerxética     
Axudas ao investimento que permitan ás empresas mellorar a eficiencia enerxética en ámbitos distintos do dos edificios.  Serán subvencionables os custos de investimento adicionais necesarios para lograr un nivel máis elevado de eficiencia enerxética. Cando o investimento consista nun investimento claramente identificable destinado unicamente a mellorar a eficiencia enerxética e para a que non exista un investimento de contraste con menos eficiencia enerxética, os custos subvencionables serán o total dos custos de investimento. En caso contrario o custo subvencionable determinásese comparando os custos do investimento cos dunha hipótese de contraste sen axuda. O custo subvencionable estará limitado en función do aforro enerxético xustificado, a un máximo de 1 euro por cada 0,08 kWh de aforro enerxético de enerxía final. Os custos que non estean directamente vinculados á consecución dun nivel máis elevado de eficiencia enerxética non serán subvencionables. As axudas para a instalación de equipos de enerxía alimentados por combustibles fósiles, incluído o gas natural, non estarán incluídos.

B.2) Proxectos de fomento de enerxías renovables.     
Axudas ao investimento para o desenvolvemento de proxectos relacionados coa enerxía procedente de fontes renovables e co hidróxeno de orixe renovable. Os custes elixibles estarán limitados polo seguintes rateos:

i. Renovables eléctricas:

Renovables eléctricas

Tecnoloxía

Investimento elixible máximo (IVE non incluído)

Fotovoltaica

1.000 €/kW

Minieólica

4.000 €/kW

Almacenamiento (baterías)

750 €/kWh

ii. Renovables térmicas:

Renovables térmicas

Tecnoloxía

Investimento elixible máximo (IVE non incluído)

Biomasa

450 €/kW

Aerotermia

1.000 €/kW

Xeotermia

1.800 €/kW

Solar térmica (paneis planos)

1.000 €/kW

Solar térmica (tubos de baleiro)

1.500 €/kW

2. Características das axudas

A convocatoria conta cun orzamento de 18.000.000,00 € financiada con fondos propios da comunidade autónoma desagregado líñas conforme ao indicado na seguinte táboa:

Liña

Partida orzamentaria

Ano 2024

Liña A

09.A1.741A.7700

10.000.000 €

Liña B

09.A1.741A.7700

8.000.000 €

A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, asignando os fondos por orde de presentación das solicitudes.

A liña A será instruída polo Igape a a liña B polo Inega.

3. Presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 8 de xullo ás 09:00 horas, e permanecerá aberto ata as 14:00 horas do 2 de setembro para a liña B  e ata o 31 de outubro para a liña A. So se admite a presentación electrónica. 
Os interesados realizarán ás solicitudes a través da aplicación informática habilitada para encher os formularios normalizados e presentalos electronicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.

4. Beneficiarios

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as empresas industriais do sector de automoción galegas ou cun centro de traballo en Galicia. Consideraranse industrias de automoción aquelas cuxa actividade se desenvolva no CNAE 29, en calquera dos seus subepígrafes e tamén aquelas empresas que non estando dadas de alta en actividades do CNAE 29 senón en actividades industriais xenéricas, estean asociadas á Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia.

5. Período de execución e xustificación actuacións subvencionables

O prazo de execución e xustificación dos proxectos subvencionables da liña B iniciarase unha vez se teña efectuada a solicitude de axuda e rematará 16 de decembro de 2024. O prazo de execución e xustificación dos proxectos subvencionables da liña A abrangue desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 16 de decembro de 2024. A xustificación por parte beneficiarios deberá realizarse a través da aplicación.

6. Contía máxima das axudas

-    Para a liña B a intensidade de axuda a aplicar sobre o custo subvencionable, en función da tipoloxía de proxecto e da tipoloxía de empresa, é a que se indica a continuación (para a determinación do tamaño de empresa terase en conta a metodoloxía do Anexo I do Regulamento 651/2014):

Tipoloxía do proxecto

Intensidade de axuda

Gran empresa

Mediana empresa

Pequena empresa

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética

35%

45%

55%

Proxectos de enerxías renovables(1)

    45% / 30%

55% / 40%

65% / 50%

(1) A primeira porcentaxe aplicarase aos investimentos asociados á xeración de enerxía procedente de fontes renovables e o segundo a aqueles investimentos non asociados á xeración (almacenamento enerxético, equipos consumidores de hidróxeno renovable, etc.).

A axuda máxima por solicitude establécese en 700.000 €.

-    Para a liña A a intensidade da axuda será do 70% ata un máximo de 300.000 €.

7. Requirimentos de Emenda

As notificacións das resolucións e actos administrativos do procedemento practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. As persoas solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape no enlace tramitación telemática (https://www.igape.gal/gl/notificacion-telematica) para recibir as notificacións. O sistema solicitará da persoa interesada o seu certificado dixital en vigor, e a sinatura electrónica dun acuse de recibo das notificacións (xustificante de recepción telemático).

8. Documentación complementaria solicitude

- Declaración outorgamento representación.

Memoria técnica, en función da tipoloxía de proxecto:    
- Memoria técnica_Liña B_Aforro e eficiencia enerxética.    
- Memoria técnica_Liña B_Proxectos de enerxías renovables.

9. Documentación complementaria xustificación

- Declaración proxecto executado e xustificación da publicidade.    
- Informe técnico actuación realizada.  
- Declaración do instalador e do beneficiario de que a instalación de autoconsumo clasifícase como autoconsumo con ou sen excedentes.   
- Modelo placa publicidade. 
- Memoria de xustificación da publicidade da axuda.  
- Modelo certificado finalización instalación.

10. Acceso á aplicación informática

11. Máis información

Para solicitar máis información pode poñerse en contacto no teléfono: 981 54 15 20 / 881 049 207 / 981 54 15 23 / 981 957 803.

Últimas axudas

PROXECTOS SINGULARES DE MELLORA DA SUSTENTABILIDADE ENERXÉTICA EN EMPRESAS DO SECTOR INDUSTRIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA

Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN421J

Frechas enlace Frechas enlace

Subvencións renovación de electrodomésticos

Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN414B, IN414C

Frechas enlace Frechas enlace

Proxectos de instalacións de enerxías renovables térmicas nos sectores industrial, agropecuario, servizos e administracións públicas (RD 1124/2021)

Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN422N

Frechas enlace Frechas enlace