AXUDAS PARA PROXECTOS DE DESCARBONIZACIÓN DO SECTOR DA AUTOMOCIÓN E PARA IMPULSO DA CADEA DE VALOR DO VEHÍCULO ELÉCTRICO EN GALICIA
AXUDAS PARA PROXECTOS DE DESCARBONIZACIÓN DO SECTOR DA AUTOMOCIÓN E PARA IMPULSO DA CADEA DE VALOR DO VEHÍCULO ELÉCTRICO EN GALICIA
Acceso rápido
- 1. Actuacións subvencionables
- 2. Características das axudas
3. Presentación de solicitudes- 4. Beneficiarios
- 5. Período de execución e xustificación actuacións subvencionables
- 6. Contía máxima das axudas
7. Requirimentos de Emenda- 8. Documentación complementaria solicitude
- 9. Documentación complementaria xustificación
- 10. Acceso á aplicación informática
- 11. Máis información
Outras axudas
Inicio solicitude
Fin solicitude
Ano convocatoria
2025
Código(s):
IG330J,IG300I,IN422P
Concorrencia:
Non Competitiva
Fondos:
Fondos FEDER e Fondos propios da Comunidade Autónoma.
A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, aínda que a información que se considerará oficial a todos os efectos será a recollida na Resolución do Igape do 13 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos que impulsen e reforcen a transición á cadea de valor do vehículo eléctrico e á descarbonización do sector de automoción en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 en réxime de concorrencia non competitiva (códigos de procedemento IG300J (liña 1), IG300I (liña 2) e IN422P (liña 3), publicada no DOG do 14 de xaneiro do 2025.
RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba os novos prazos de presentación de solicitudes das bases reguladoras de determinadas axudas do Igape publicadas no Diario Oficial de Galicia número 7, do 13 de xaneiro de 2025, e número 8, do 14 de xaneiro de 2025. DOG do 4 de febreiro do 2025.
1. Actuacións subvencionables
Serán subvencionables as seguintes actuacións que se executen en empresas do sector da automoción ubicadas na Comunidade Autónoma de Galicia e presenten un investimento mínimo de 100.000 euros (As liñas 1 e 2 serán instruidas polo Igape e a liña 3 polo Inega):
- Liña 1: Desenvolvemento e innovación (código de procedemento IG300J).
Poderán ser subvencionables proxectos de desenvolvemento experimental e proxectos de innovación en materia de organización e procesos.
Para mais información: www.igape.es
-
Liña 2: Investimento produtivo (código de procedemento IG300I).
- Axudas a pemes para as seguintes tipoloxías de proxecto que serán, en todo caso, realizados por unha única entidade e nunha única localización:
a) Creación dun novo establecemento: inicio dunha nova actividade industrial.
b) Modificación de liñas de produción: realización de investimentos en aparellos e equipos, así como a adquisición de activos fixos materiais para a implementación de solucións de hibridación do mundo físico e dixital (sistemas intelixentes, low-end e embebidos, sensores, wearables, e-tags, realidade virtual e impresión 3D, robótica e vehículos non tripulados dentro do establecemento industrial) que integren polo menos unha liña de produción completa, destinadas a:
i. A ampliación da capacidade dun establecemento existente;
ii. A diversificación da produción nun establecemento en produtos que anteriormente non se producían no establecemento;
iii. A transformación fundamental no proceso global de produción do establecemento.2º. Axudas a grandes empresas para as seguintes tipoloxías de proxecto que serán, en todo caso, realizados por unha única entidade e nunha única localización:
Creación dun novo establecemento: inicio dunha nova actividade industrial
Para mais información: www.igape.es -
Liña3: Enerxías renovables e hidróxeno renovable (código de procedemento IN422P)
Serán subvencionables os investimentos para o desenvolvemento de proxectos relacionados coa enerxía procedente de fontes renovables e co hidróxeno de orixe renovable.
Teránse en conta as seguintes consideracións xerais:
i) No caso de proxectos relacionados co aproveitamento de enerxías renovables para a xeración de electricidade, só serán elixibles aqueles destinados ao autoconsumo. Non serán elexibles as instalacións que utilicen como recurso a enerxía eólica.
ii) Axudas ao investimento para proxectos de almacenamento de electricidade unicamente na medida na que se concedan a proxectos combinados de enerxía renovable e almacenamento (behind-the-meter - «tras o contador»), sempre que ambos elementos sexan compoñentes dun único investimento ou que o almacenamento estea conectado a unha instalación de enerxías renovables existente. O compoñente de almacenamento absorberá polo menos o 75 % da súa enerxía de instalacións de xeración de enerxía renovable directamente conectadas, sobre unha base anual, non sendo subvencionables as baterías de chumbo-ácido. As mesmas normas serán de aplicación ao almacenamento térmico conectado directamente a unha instalación de produción de enerxías renovables.iii) Axudas ao investimento para instalacións de produción, distribución e/ou consumo de hidróxeno renovable unicamente na medida na que a electricidade utilizada para a produción no electrolizador sexa de orixe renovable. Para a acreditación da orixe renovable da electricidade estarase ao disposto no Regulamento delegado (UE) 2023/1184 polo que se completa a Directiva (UE) 2018/2001 sobre fontes de enerxía renovable.
iv) No caso de instalacións de biocarburantes, biolíquidos, biogás, e combustible de biomasa deben xustificar que cumpren os criterios de sostibilidade e redución das emisións de gas de efecto invernadoiro da Directiva (UE) 2018/2001 e os seus actos de execución ou delegados e se producirán a partir das materias primas enumeradas no anexo IX de dita Directiva.Serán subvencionables proxectos de biogás e/o biometano e os equipos e infraestructuras necesarios para o aproveitamento enerxético dese gas renovable, de forma que a produción do biogás/biometano realícese en plantas asociadas aos recursos e demandas locais. A produción de biogás/biometano realizarase en plantas de dixestión anaerobia asociadas que utilicen como materia prima biorresiduos urbanos ou municipais xa separados ou lodos de plantas de depuración de augas. Os proxectos deberán destinar unha parte do gas renovable xerado ao autoconsumo enerxético, identificando e confirmando os compromisos de consumo.
Serán custos subvencionables os custos totais do investimento asociado á xeración renovable, en concreto considéranse custos subvencionables: a elaboración dos proxectos técnicos, a dirección facultativa, a obra civil relacionada coa actuación, o prezo dos equipamentos, os accesorios e elementos de interconexión, a súa montaxe e posta en marcha así como os compoñentes de protección, regulacion e control. Serán de aplicación os seguintes custos elixibles máximos en función da potencia e requisitos específicos para as seguintes tecnoloxías:
i. Renovables eléctricas:
Renovables eléctricas
Tecnoloxía Investimento elixible máximo (IVE non incluído) Fotovoltaica 1.000 €/kW Almacenamento (baterías) 750 €/kWh ii. Renovables térmicas:
Renovables térmicas
Tecnoloxía Investimento elixible máximo (IVE non incluído) Biomasa 450 €/kW Aerotermia 1.000 €/kW Geotermia 1.800 €/kW Solar térmica (paneis planos) 1.000 €/kW Solar térmica (tubos de baleiro) 1.000 €/kW
2. Características das axudas
A convocatoria conta cun orzamento de 14.000.000,00 desagregado por líñas conforme ao indicado na seguinte táboa:
Liña | Orixe de fondos | Orzamento |
---|---|---|
Liña 1 | FEDER | 2.000.000 € |
Liña 2 | Fondos Propios | 5.000.000 € |
Liña 3 | FEDER | 7.000.000 € |
Para os efectos da determinación da prelación temporal, a data para ter en conta será a data e hora de presentación da solicitude. No caso de presentación de achegas ou de que a solicitude requira emenda, terase en conta a data e hora en que a persoa solicitante presente correctamente toda a documentación e a información requirida.
As liñas 1 e 2 serán instruidas polo Igape e a liña 3 polo Inega.
3. Presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comeza as 9:00 h do 11 de febreiro, e permanecerá aberto ata as 14:00 horas do 30 de abril de 2025.
So se admite a presentación electrónica.
Os interesados realizarán ás solicitudes a través da aplicación informática habilitada para encher os formularios normalizados e presentalos electronicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.
4. Beneficiarios
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as empresas do sector de automoción cun centro de traballo en Galicia no que se desenvolva o proxecto subvencionado.
Consideraranse industrias de automoción aquelas cuxa actividade principal se desenvolva nos CNAE 29 e 30, en calquera dos seus subepígrafes e tamén aquelas empresas que, non estando dadas de alta en actividades deses CNAE, estean asociadas á Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia.
5. Período de execución e xustificación actuacións subvencionables
-A axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado.
Para tal efecto, antes de iniciar o proxecto, a persoa solicitante deberá ter presentado a solicitude da axuda. Ningún dos custos alegados sobre os que se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude.
-O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata a data de remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar o 31 de outubro de 2026.
- As empresas interesadas poderán presentar unha única solicitude de axuda a cada liña definida. De presentárense máis dunha á mesma liña, arquivaranse automáticamente as rexistradas despois da primeira, agás desistencia expresa de algunha das outras por parte da persoa solicitante.
Unha vez presentadas, as solicitudes non poderán modificarse.
A persoa beneficiaria deberá presentar a xustificación e solicitude de cobramento da axuda dentro do prazo dun mes a partires da data de fin de execución do proxecto fixada na resolución de concesión. Para estes efectos:
– Imputaranse á anualidade 2025 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación ou de solicitude de cobramento remate ata o 30 de novembro de 2025. Os gastos executados a partir do 1 de decembro de 2025 poderán impultarse con cargo á xustificación da anualidade 2026.
– Imputaranse á anualidade 2026 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación ou de solicitude de cobramento remate ata o 31 de outubro de 2026.
A xustificación por parte beneficiarios deberá realizarse a través da aplicación.
6. Contía máxima das axudas
- Para a liña 3 a intensidade de axuda a aplicar sobre o custo subvencionable, en función da tipoloxía de proxecto e da tipoloxía de empresa, é a que se indica a continuación (para a determinación do tamaño de empresa terase en conta a metodoloxía do Anexo I do Regulamento 651/2014):
|
Intensidade de axuda
|
||
---|---|---|---|
Tipoloxía do proxecto |
Gran empresa |
Mediana empresa |
Pequena empresa |
Proxectos de enerxías renovables(1) |
45% / 30 % |
55 % / 40 % |
65 % / 50 % |
(1) A primeira porcentaxe aplicarase aos investimentos asociados á xeración de enerxía procedente de fontes renovables e o segundo a aqueles investimentos non asociados á xeración (almacenamento enerxético, equipos consumidores de hidróxeno renovable, etc.).
A axuda máxima por solicitude establécese en 1.000.000 €.
7. Requirimentos de Emenda
As notificacións das resolucións e actos administrativos do procedemento practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
8. Documentación complementaria solicitude
- Declaración loita da morosidade
- Guía Climate Proofing_Galicia Mitigación
- Guía Climate Proofing_Galicia Adaptación
9. Documentación complementaria xustificación
-Declaración proxecto executado e xustificación da publicidade
- Informe técnico actuación realizada
- Declaración do instalador e do beneficiario de que a instalación de autoconsumo clasifícase como autoconsumo con ou sen excedentes
- Modelo placa publicidade
- Memoria de xustificación da publicidade da axuda
- Modelo certificado finalización instalación
10. Acceso á aplicación informática
Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.
11. Máis información
Para solicitar máis información pode poñerse en contacto no teléfono: 981 54 15 30 / 881 049 207.