SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2024 A PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES DE USO TÉRMICO NO SECTOR RESIDENCIAL, EN AMBITOS NON URBANOS - IN421H, IN421P
SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2024 A PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES DE USO TÉRMICO NO SECTOR RESIDENCIAL, EN AMBITOS NON URBANOS - IN421H, IN421P
Acceso rápido
Outras axudas
Inicio solicitude
Fin solicitude
Ano convocatoria
2024
Código(s):
IN421H, IN421P
Concorrencia:
Competitiva
Fondos:
FEADER
A continuación descríbense brevemente as características principais destas axuda, aínda que a información que se considera oficial para todos os efectos será a publicada na RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421H e IN421P). (DOG do 9 de febreiro de 2024).
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421H e IN421P). (DOG do 23 de febreiro de 2024).
RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2024 pola que se redistribúe o financiamento por tipoloxía de proxectos recollida na Resolución do 29 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421H e IN421P). (DOG. do 2 de Setembro do 2024).
RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2024 pola que se amplía o prazo establecido no artigo 28 da Resolución do 29 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421H e IN421P). (DOG do 6 de setembro de 2024).
RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2024 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 29 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421H e IN421P). (DOG. do 4 de outubro de 2024).
Listados das entidades adheridas para presentar as solicitudes de axuda.
1. Beneficiarios
- Persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de carácter residencial.
- Comunidades ou mancomunidades de veciños sempre que as actuacións subvencionables realícense en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Dotación da axuda
Tecnoloxía |
Presuposto por tecnoloxía (€) |
Biomasa caldeiras |
1.000.000 |
Aerotermia |
450.000 |
Xeotermia/hidrotermia |
500.000 |
Solar térmica |
50.000 |
Total |
2.000.000 |
3. Período de actuacións subvencionables
O período de execución dos investimentos comeza unha vez que se teña por efectuada a solicitude da axuda ante esta entidade e a data máxima para a súa xustificación será o 21 de outubro de 2024.
4. Presentación solicitudes Beneficiarios
A entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se admite a tramitación electrónica.
O prazo de presentación de solicitudes comezará:
TIPOLOXÍAS |
INICIO SOLICITUDES |
FIN DE SOLICITUDES |
Biomasa |
16 de febreiro de 2024 as 9:00 horas |
21 de marzo de 2024 |
Xeotermia, hidrotermia | ||
Aerotermia | ||
Solar térmica |
5. Réxime da convocatoria
Concorrencia competitiva cos seguintes criterios de valoración:
- Características técnicas
- Grao de utilización da instalación
- Localización do proxecto
6. Costes elixibles
O investimento elixible máxima por potencia unitaria (sen IVE) estará limitada polas características do sistema de conformidade ao disposto no artigo 7 das bases da convocatoria.
BIOMASA | |||
Tipoloxía |
Tipo de equipo xerador de biomasa |
Rango de potencias |
Custo elixible máximo por potencia sen IVE (€/kW) |
B1 |
Calderas de leña |
P ≤ 20 KW |
300 - 5 P |
20 < P ≤ 40 kW |
250 - 2,5 P |
||
P > 40 kW |
150 |
||
B2 | Calderas con sistema de alimentación automática y volumen de acumulación de combustible V < 3.000 litros |
P ≤ 15 kW |
570 - 10 P |
15 < P ≤ 25 kW |
600 - 12 P |
||
P > 25 kW |
300 |
||
B3 | Calderas con sistema de alimentación automática y volumen de acumulación de combustible con V ≥ 3000 litros |
P ≤ 15 kW |
670 - 10 P |
15 < P ≤ 30kW |
700 - 12 P |
||
P > 30 |
340 |
Para as caldeiras que teñan limpeza automática do intercambiador existe un de adicional 50 €/kW.
XEOTERMIA | |||
Tipoloxía |
Tipo de equipo xerador de biomasa |
Rango de potencias |
Custo elixible máximo por potencia sen IVE (€/kW) |
A1 | Instalacións con bombas de calor Xeotérmicas con intercambio enterrado horizontal |
P ≤ 10 kW |
1.430 |
10 < P ≤ 30 kW |
1430 – 11 (P-10) |
||
30 < P ≤ 100 kW |
1210 – 22 (P-30) |
||
P >100 kW |
1.056 |
||
A2 | Instalacions con bombas de calor Xeotérmicas con intercambio enterrado vertical |
P ≤ 10 kW |
2.090 |
10 < P ≤ 30 kW |
2.090 – 27,5 (P-10) |
||
30 < P ≤ 100 kW |
1.540 – 3,8 (P-30) |
||
P >100 kW |
1.309 |
Bomba de calor Hidrotermia
O investimento elixible máximo sen IVE será de 1.200 € /kW para bombas de calor auga/auga.
Bomba de calor Aerotermia
O investimento elixible máximo sen IVE será de 900 € /kW para bombas de calor aire /auga.
Solar térmica
Segundo a tecnoloxía empregada, a inversión elixible máxima sen IVE será a seguinte:
- Paneis planos: 800 euros /m2 de superficie de apertura
- Tubos de baleiro: 1.200 euros /m2 de superficie de apertura
7. Cuantía da axuda
A cuantía da axuda será del 50% da inversión elixible da instalación.
A axuda máxima por vivenda:
Tecnoloxía |
Axuda máxima |
Biomasa |
8.000 |
Xeotermia |
10.000 |
Aerotermia/hidrotermia |
2.500 |
Solar térmica |
2.000 |
En proxectos de multivivenda, a axuda máxima será de 40.000€
8. Documentación complementaria
- Memoria técnica aerotermia, xeotermia e hidrotermia.
- Memoria técnica biomasa.
- Memoria técnica solar térmica.
- Declaración responsable cumprimento DNSH.
- Declaración responsable de redución de emisións para caldeiras de biomasa.
- Anexo V - Modelo de representación.
- Anexo VI - Declaración de compromisos asumidos por cada membro da agrupación de persoas físicas.
- Anexo VII - Renuncia.
- Anexo IX - Declaración de outras axudas.
- Informe técnico da actuación
- Modelo xustificación publicidade.
9. Acceso á aplicación informática
10. Máis información
Prema para acceder á información das parroquias de ámbito rural FEADER.
Para máis información poden contactar co Inega a través dos teléfonos:
- Parte técnica: 981 541 524
- Parte administrativa: 881 049 209
11. Comisión de Valoración
RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2024, do director do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se regula a suplencia da persoa que desempeña a Xefatura da Área de Enerxías Renovables do Inega aos efectos de constituír a comisión de valoración prevista na Resolución do 29 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN42H e IN421P)