Xunta e Deputación de Pontevedra avalían o desenvolvemento de comunidades enerxéticas locais

Xunta e Deputación de Pontevedra avalían o desenvolvemento de comunidades enerxéticas locais

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2024

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, reuniuse hoxe co deputado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e Finca Areeiro da Deputación de Pontevedra, Javier Tourís, e co responsable da Oficina de Transformación Comunitaria deste organismo, José Antonio Piñeiro, para avaliar e analizar posibles liñas de colaboración para o desenvolvemento de comunidades enerxéticas locais.

Fomentar o autoconsumo de renovables e a difusión da cultura da eficiencia enerxética é un dos principais obxectivos do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para abaratar o custo da factura eléctrica de fogares e empresas. Nese sentido, as comunidades enerxéticas locais achegan enerxía de proximidade aproveitando os recursos renovables que hai alí onde se implantan e contribúen a xerar beneficios sociais e económicos.

Así, desde o ano 2023, o Inega ten convocado axudas por un importe de 1,4 M€ para a planificación enerxética de comunidades enerxéticas, co gallo de incentivar actuacións que contribúan a paliar a situación de altos prezos da enerxía e identificar posibilidades de adecuar de xeito óptimo as subministracións enerxéticas ao escenario actual.

Últimas novas