EnergyMare

EnergyMare

O proxecto europeo Energy Mare está englobado na 3ª convocatoria do Programa Espacio Atlántico 2007-2013. A temática do proxecto é a enerxía no mar (diferentes tipos de enerxía do mar e eólica, principalmente). Neste proxecto o Inega actúa como Xefe de Fila e participan socios de España, Portugal, Francia, Reino Unido e Irlanda.

As actividades a desenvolver con base neste proxecto inclúen: análise de potencial da enerxía mariña en toda a costa atlántica europea, análise da tecnoloxía existente, análise dos sistemas de evacuación e transporte da enerxía xerada, creación de zonas de experimentación tecnolóxica, análise d o contexto (normativo e socioeconómico) e impacto do desenvolvemento das fontes enerxéticas mariñas.

O orzamento total do proxecto é de 3.094.816,40 euros, cunha taxa de financiamento FEDER do 65% (2.011.630,66 euros), e unha participación do Inega de ata 645.180,00 euros entre os anos 2012 e 2014. Neste proxecto, o Inega participa cun orzamento total de 645.180,00 euros, dos que debe contribuír financeiramente cunha contía de 225.813,00 euros (2012-2014). Hai que sinalar que unha elevada porcentaxe deste orzamento corresponde a recursos humanos (gastos que se xustifican cos recursos humanos do Inega).

EnergyMare
ANÁLISE DO POTENCIAL DOS RECURSOS ENERXÉTICOS RENOVABLES NO ÁMBITO MARÍTIMO
  • Inventario de instrumentos de información e medición dos recursos enerxéticos.
  • Desenvolvemento e implantación de aboias para coñecer o potencial enerxético no mar.
  • Realización de mapas eólicos offshore, enerxía undomotriz e mareomotriz para homoxeneizar a representación xeográfica do potencial dos recursos enerxéticos na fachada Atlántica.

DESCARGAR

 

CREACIÓN DA ZONA DE EXPERIMENTACIÓN
  • Identificación do emprazamento óptimo para a implantación das zonas de experimentación e análise da viabilidade.
  • Estudo detallado das características iniciais das zonas de experimentación que permitan avaliar os impactos dos experimentos realizados.
  • Creación da zona de experimentación.

DESCARGAR

 

ANÁLISE DA TECNOLOXÍA EXISTENTE PARA A PRODUCIÓN DE ENERXÍA DO MAR
  • Valoración da tecnoloxía existente.
  • Experimentación con prototipos.
  • Estudo continuo da evolución das condicións na zona experimental.

DESCARGAR

 

ANÁLISE DOS SISTEMAS DE EVACUACIÓN E TRANSPORTE DA ENERXÍA DO MAR
  • Análise das alternativas de evacuación.
  • Deseño de super redes que permitan transportar a gran distancia a enerxía producida no medio mariño cara a zonas de gran consumo.

DESCARGAR

 

ANÁLISE DE CONTEXTO E IMPACTO DAS DIFERENTES FONTES DE ENERXÍA MARÍTIMA
  • Análise do contexto normativo, establecendo as bases para a unificación da normativa nesta materia.
  • Análise do impacto socioeconómico do aproveitamento das diferentes fontes de enerxía do mar, considerando tanto o custo da súa produción e transporte como os rendementos económicos directos e indirectos que se espera xerar.

DESCARGAR

 

COMUNICACIÓN

DESCARGAR