Gener

GENER

O proxecto Gener está incluido no programa INTERREG III A, para os anos 2006, 2007, e 2008, consiste en fomentar nas empresas do espazo de cooperación (Provincias de Pontevedra e Ourense e norte de Portugal), a implantación de sistemas e procedementos máis racionais de consumo enerxético. O proxecto diríxese ós sectores relevantes en termos de consumo a ambos lados da fronteira, co obxectivo de diminuír notablemente os niveis de consumo e incrementar a eficiencia e o rendemento enerxético.

A proposta concrétase en diversas actividades:

  • Formación de Xestores Enerxéticos.
  • Realización de auditorías e acompañamento ó cambio as empresas interesadas na eficiencia enerxética e a compilación de boas prácticas.
  • Estudo e deseño de Modelos de Consumos.
  • Creación dunha Aplicación Informática de Xestión Enerxética.
  • Desenvolvemento de produtos que permitan a avaliación do grado de eficiencia enerxética segundo sectores de actividade previamente definidos.
GENER
SOCIOS

As organizacións que participan no proxecto GENER son:

  • GALICIA: INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA), FUNDACIÓN INSTITUTO TECNOLÓGICO DE GALICIA (ITG), CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA (CEP) e CONFEDERACIÓN EMPRESARIAL DE OURENSE (CEO).
  • PORTUGAL: AGENCIA REGIONAL DE MEDIOAMBIENTE DO VALE DO LIMA (AREALIMA), OFICINA DA INOVAÇAO - EMPREDEDORISMO E INOVAÇAO S.A., INSTITUTO DE DESENVOLVEMENTO E INOVAÇAO TECNOLÓGICA DO MINHO (IDITE), CONSELHO EMPRESARIAL DOS VALES DOS VALES DO LIMA E MINHO (CEVAL), INSTITUTO POLITÉCNICO DE VIANA DO CASTELO (IPVC)
ACTIVIDADES

Dende o ano 2006, leváronse a cabo as seguintes actividades:

  • Sinatura do acordo de colaboración entre todos os socios.
  • Organización dunha xornada de presentación do proxecto GENER en la sede de la Confederación de Empresarios de Pontevedra de Vigo.
  • Organización dun curso de formación de xestores enerxéticos que realizarán as auditorías e consultorías nas empresas.
  • Deseño dos modelos das auditorías a realizar por todos os socios en xeral e polos xestores de INEGA en particular.
  • Participación en seminarios e talleres para informar e asesorar as empresas na idoneidade da realización destas auditorías enerxéticas.
  • Desenvolvemento da Web do proxecto.
  • Deseño dunha ferramenta informática para a elaboración dos modelos de aproveitamento enerxético a través de Internet.