PROXECTOS DE ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA 2024-2025 IN421S
PROXECTOS DE ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA 2024-2025 IN421S
Acceso rápido
- 1. Beneficiarios
- 2. Dotación da axuda
3. Período de actuacións subvencionables- 4. Presentación de solicitudes
- 5. Réxime da convocatoria
- 6. Custes elixibles
- 7. Contía da axuda
- 8. Documentación complementaria
- 9. Acceso á aplicación informática
- 10. Documentación fase de xustificación
- 11. Máis información
- 12. Comisión de Valoración
Inicio solicitude
Fin solicitude
Ano convocatoria
2024
Código(s):
IN421S
Concorrencia:
Competitiva
Fondos:
FEDER
A continuación descríbense brevemente as características principais destas axudas, aínda que a información que se considera oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 7 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2024 susceptibles de cofinanciación pola Unión Europea no marco do Programa de Galicia FEDER 2021-2027 (Código de procedemento administrativo IN421S) (DOG do 19 de Marzo de 2024)
RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2024 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 7 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria
de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2024, susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN421S) (DOG do 12 de Agosto de 2024)
1. Beneficiarios
a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro.
c) Empresas legalmente constituídas e autónomos; incluídas as empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.
2. Dotación da axuda
A dotación orzamentaria será de 5.524.800 € coa seguinte desagregación por tipo de beneficiario
Beneficiarios axudas | Anualidade 2024 | Anualidade 2025 | Importe asignado |
Empresas | 1.800.000€ | 2.500.000€ | 4.300.000€ |
Administración local | 160.000€ | 840.000€ | 1.000.000€ |
Entidades sen ánimo de lucro | 40.000€ | 184.800€ | 224.800€ |
Total | 2.000.000€ | 3.524.800€ | 5.524.80€ |
3. Período de actuacións subvencionables
O prazo de execución iniciarase unha vez presentada a solicitude de axuda e finalizará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 15 de outubro de 2024, para solicitudes con proxectos a realizar ata esta data, e o 30 de setembro de 2025, para solicitudes con proxectos a realizar ata esta data. Estas dúas datas, en cada caso, son as datas últimas admisibles de facturación e pagamento. Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de pagamento. As accións realizadas entre o 16 de outubro de 2024 e o 31 de decembro de 2024 poderán ser imputadas ao 2025.
4. Presentación de solicitudes
Só se admite a tramitación electrónica.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación no DOG:
TIPOLOXÍAS | INICIO DE SOLICITUDES | FIN DE SOLICITUDES |
Fotovoltaica | 20 de Marzo de 2024 as 09:00 horas | 19 de Abril de 2024 as 23:59 horas |
5. Réxime da convocatoria
Concorrencia competitiva cos seguintes criterios de valoración:
- Características técnicas
- Grao de autoconsumo da instalación
- Repercusión enerxética da axuda concedida
6. Custes elixibles
O investimento elixible máxima por potencia unitaria (sen IVE) estará limitada polas características do sistema de conformidade ao disposto no artigo 7 das bases da convocatoria
Potencia pico en paneis (kWp) | €/kWp (sen IVE) |
P<= 3 kWp | 1950 |
3 <P<= 6 kWp | 2400-150* P |
6 <P<=20 kWp | 1680-30* P |
20 <P<=100 kWp | 1140- 3* P |
P >= 100 kWp | 750 |
Baterías de litio: 750 €/kWp.
A potencia máxima da instalación será de 1.000 kWp
As baterías de chumbo-ácido non son elixibles
7. Contía da axuda
A porcentaxe da axuda dependerá do tamaño da empresa e do beneficiario e axuda calcularase en función dos custes elixibles.
Beneficiarios | Porcentaxe de axuda |
Entidades locais | 60% |
Entidades xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade económica) | 60% |
Empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica |
Grande empresa 20% Mediana empresa 30% Pequena empresa 40% |
A contía máxima da axuda por proxecto será de 50.000 €
8. Documentación complementaria
Declaración responsable do tamaño da empresa
9. Acceso á aplicación informática
10. Documentación fase de xustificación
Memoria xustificación publicidade
Informe da actuación realizada
11. Máis información
Para máis información poden contactar co Inega a través dos teléfonos:
- Parte administrativa: 981 541 534
- Parte técnica: 881 995 028
12. Comisión de Valoración
RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2024, do director do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se regula a suplencia da persoa que desempeña a Xefatura da Área de Enerxías Renovables do Inega aos efectos de constituír a comisión de valoración prevista na Resolución do 7 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2024, susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN421S)