SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2024 PARA PROXECTOS DE INFRAESTRUCTURAS DE ALMACENAMENTO ENERXÉTICO

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2024 PARA PROXECTOS DE INFRAESTRUCTURAS DE ALMACENAMENTO ENERXÉTICO

Inicio solicitude

Fin solicitude

Ano convocatoria

2024

Código(s):

IN425A

Concorrencia:

Non competitiva

Fondos:

FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional)

A continuación descríbense, brevemente, as características principais destas axudas, aínda que a información que se considera oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución, do 26 de agosto de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións, para proxectos de infraestruturas de almacenamento enerxético, que favorezan a electrificación da demanda de enerxía para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa de Galicia FEDER 2021-2027 (Código de procedemento IN425A). (DOG núm. 173, do luns 9 de setembro de 2024).

1.Beneficiarios

a) As empresas legalmente constituídas, as asociacións de empresarios e os autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía.

2.Dotación da axuda:

A dotación orzamentaria será de 2.500.000 € coa seguinte desagregación por anualidades:

Aplicación presupuestaria Anualidade 2024 Anualidade 2025 Total
09.A3.733A.745.0 50.000€ 50.000€ 100.000€
09.A3.733A.761.2 100.000€ 400.000€ 500.000€
09.A3.733A.770.9 250.000€ 1.150.000€ 1.400.000€
09.A3.733A.781.2 100.000€ 400.000€ 500.000€
Total 500.000 € 2.000.000 € 2.500.000 €

3.Período de actuacións subvencionables

O prazo de execución iniciarase unha vez  presentada a solicitude de axuda e finalizará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 15 de setembro de 2025. Estas datas, en cada caso, son as datas últimas admisibles de facturación e pagamento. Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de pagamento. 

4.Presentación de solicitudes

Só se admite a tramitación electrónica.
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o sétimo (7º) día natural seguinte ó da publicación de esta resolución no DOG, ás 9.00 horas.

TIPOLOXIAS INICIO SOLICITUDES FIN DE SOLICITUDES
Almacenamento

16 de setembro de 2024

as 9:00 horas

18 de novembro de 2024 

 as 23:59 horas

5.Custes elixibles

O investimento elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) estará limitada polas características do sistema de conformidade ao disposto no artigo 7 das bases da convocatoria
Baterías (que non sexan de chumbo-ácido): 800 €/kWh.
As baterías de chumbo-ácido non son elixibles.

6.Contía da Axuda

A porcentaxe da axuda dependerá do tamaño da empresa e do beneficiario e axuda calcularase en función dos custes elixibles.

BENEFICIARIOS Proxectos de almacenamiento enerxético relacionados coa infraestructura de recargo de alta potencia (> 100 kW) para vehículos eléctricos (%) Resto de proxectos contemplados (%)
Gran empresa 20 30
Mediana empresa 40 40
Pequena empresa 50 50

A contía máxima da axuda por proxecto será de 500.000 €.
A axuda máxima por entidade beneficiaria, no conxunto da convocatoria, será de 1.000.000,00 de euros.

7.Documentación complementaria

- Memoria Técnica

- Declaración outorgamento representación (AnexoII)

- Declaración de principio de non causar dano significativo (DNSH)

- Declaración da rede natura, lei de patrimonio natural e biodiversidade

- Declaración da revalorización do 70%

8.Acceso á aplicación informática

Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.

9.Documentación fase de xustificación

 

10.Máis información

Para máis información poden contactar co Inega a través dos teléfonos:

- Parte administrativa: 981 541 510
- Parte técnica: 881 049 210 

Últimas axudas

Programa MOVES III - incentivos á mobilidade eléctrica

Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN421Q, IN421R

Frechas enlace Frechas enlace