SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2024 A PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA NO SECTOR RESIDENCIAL, EN ÁMBITOS NON URBANOS - IN421N, IN421O
SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2024 A PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA NO SECTOR RESIDENCIAL, EN ÁMBITOS NON URBANOS - IN421N, IN421O
Acceso rápido
- 1. Beneficiarios
- 2. Dotación da axuda:
- 3. Período de actuacións subvencionables
- 4. Presentación solicitudes beneficiarios
- 5. Réxime da convocatoria
6. Custes elexibles- 7. Contía da axuda
- 8. Documentación complementaria
9. Documentación en fase de xustificación- 10. Acceso á aplicación informática
- 11. Máis información
- 12. Comisión de Valoración
Inicio solicitude
Fin solicitude
Ano convocatoria
2024
Código(s):
IN421N, IN421O
Concorrencia:
Competitiva
Fondos:
FEADER
A continuación descríbense brevemente as características principais destas axuda, aínda que a información que se considera oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución 29 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de fotovoltaica no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e procédese á convocatoria para o ano 2024 cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421N E IN4210).
RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxía fotovoltaica no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421N e IN421O). (DOG do 9 de febreiro de 2024).
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxía fotovoltaica no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos deprocedemento IN421N e IN421O). (DOG do 23 de febreiro do 2024).
RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2024 pola que se amplía o prazo establecido no artigo 27 da Resolución do 29 de xaneiro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxía fotovoltaica no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421N e IN421O). (DOG do 6 de setembro do 2024).
RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2024 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 29 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxía fotovoltaica no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421N e IN421O). (DOG. do 4 de outubro de 2024).
Listados das entidades adheridas para presentar as solicitudes de axuda.
1. Beneficiarios
1. Persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de carácter residencial.
2. Comunidades ou mancomunidades de veciños sempre que as actuacións subvencionables realícense en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Dotación da axuda:
1.500.000 €
3. Período de actuacións subvencionables
O período de execución dos investimentos comeza unha vez que se teña por efectuada a solicitude da axuda ante esta entidade e a data máxima para a súa xustificación será o 21 de outubro de 2024.
4. Presentación solicitudes beneficiarios
A entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se admite a tramitación electrónica.
O prazo de presentación de solicitudes comezará:
Tipoloxías | Inicio solicitudes | Fin solicitudes |
Fotovoltaica | 16 de Febreiro de 2024 as 09:00 horas | 21 de Marzo de 2024 |
5. Réxime da convocatoria
Concorrencia competitiva cos seguintes criterios de valoración:
• Características técnicas
• Grao de utilización de la instalación
• Localización do proxecto
6. Custes elexibles
O investimento elixible máxima por potencia unitaria (sen IVE) estará limitada polas características do sistema de conformidade ao disposto no artigo 6 das bases da convocatoria.
Potencia pico en paneis (kWp) | €/kWp (sin IVE) |
P<= 3 kWp | 1950 |
3 <P<= 6 kWp | 2400-150* P |
6 <P<20 kWp | 1680-30* P |
P >= 20 kWp | 1140- 3* P |
Baterías de litio: 750 €/kWp.
As baterías de chumbo-ácido non son elixibles
7. Contía da axuda
A contía da axuda será do 50% da inversión elixible da instalación.
A axuda máxima por vivenda:
Tecnoloxía | Axuda máxima por vivenda |
Paneis solares | 4.000 |
Baterías | 2.000 |
En proxectos de multivivenda a axuda máxima será de 25.000€
8. Documentación complementaria
- Memoria técnica.
- Declaración responsable cumprimento DNSH.
- Anexo V - Modelo de representación.
- Anexo VI - Declaración de compromisos asumidos por cada membro da agrupación de persoas físicas.
9. Documentación en fase de xustificación
- Anexo VII - Renuncia.
- Anexo IX - Declaración outras axudas.
- Informe técnico da actuación.
- Modelo xustificación publicidade.
10. Acceso á aplicación informática
11. Máis información
Prema para acceder á información das parroquias de ámbito rural FEADER.
Para máis información poden contactar co Inega a través dos teléfonos:
- Parte técnica: 981 541 530
- Parte administrativa: 981 541 539
12. Comisión de Valoración
RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2024, do director do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se regula a suplencia da persoa que desempeña a Xefatura da Área de Enerxías Renovables do Inega aos efectos de constituír a comisión de valoración prevista na Resolución do 29 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxía fotovoltaica no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e procédese á súa convocatoria para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421N e IN421O)