As axudas da Xunta para o Plan Galicia Renova electrodomésticos mobilizaron preto de 600.000 € en Ferrol, Eume e Ortegal na última edición

foto
As axudas da Xunta para o Plan Galicia Renova electrodomésticos mobilizaron preto de 600.000 € en Ferrol, Eume e Ortegal na última edición

A delegada territorial, Martina Aneiros, visitou esta mañá un dos establecementos adheridos a esta campaña que en 2022 concedeu 1.070 axudas nos municipios da comarca por valor de 153.000 euros

O prazo para solicitar estas achegas do Inega abriu onte e rematará o 30 de setembro ou cando se esgoten os fondos

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla normal"; mso-style-parent:""; font-size:10.0pt;"Calibri",sans-serif;} Ferrol, 9 de febreiro de 2023 As axudas da Xunta de Galicia para a renovación de electrodomésticos mobilizaron o pasado ano máis de 595.000 euros nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. A delegada territorial, Martina Aneiros, avanzou o dato durante unha visita realizada ao establecemento especializado Vima, en Catabois, un dos negocios da zona adheridos á convocatoria Galicia Renova Electrodomésticos 2023 que onte abriu o prazo de solicitude para os consumidores.

A través deste programa de incentivos promovido polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega), a Xunta concede subvencións para a substitución dos electrodomésticos (frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas e placas de indución) que xa teñen certa antigüidade por outros novos e de elevada clasificación enerxética. “Estas axudas permiten a mellora da eficiencia enerxética nos fogares, contribuíndo a rebaixar o custo de subministración e a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro”, explicou a delegada territorial.

Na convocatoria de 2022 concedéronse un total de 1.070 axudas nos municipios da comarca por un importe total de 153.000 euros e que supuxeron un investimento asociado de máis de 595.000 euros. Un total de 40 establecementos colaboraron na campaña o ano pasado.

Aneiros destacou a “sensibilidade” do programa á situación económica dos cidadáns. “A convocatoria inclúe maiores intensidades de axuda para as persoas en situación de vulnerabilidade establecendo tres rangos: consumidor xeral, vulnerable e vulnerable severo”, puntualizou.

Así as axudas máximas oscilan entre os 150 e os 450 euros para a adquisición de frigoríficos e conxeladores ou entre os 100 e os 300 para lavadoras, lavalouzas e placas de indución. As cantidades subvencionables non poderán ser superiores ao 25% do prezo do electrodoméstico para o consumidor xeral, do 50% para os consumidores vulnerables e do 75% para os vulnerables severos.

“Desde o Goberno galego temos o convencemento de que as persoas con menos recursos presentan un maior potencial de aforro enerxético nos seus electrodomésticos pero que para poder materializado precisan un maior nivel de axuda”, sinalou.

Aneiros lembrou que os negocios interesados en colaborar na iniciativa teñen de prazo ata o próximo 30 de xuño para tramitar a súa adhesión, mentres que o período de presentación das solicitudes para os consumidores rematará o 30 de setembro ou cando se esgoten os fondos. O orzamento da convocatoria este 2023 ascende a tres millóns de euros.

Últimas novas