A Xunta destaca o papel de mobilidade na transición enerxética

A Xunta destaca o papel de mobilidade na transición enerxética
A Xunta destaca o papel de mobilidade na transición enerxética

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, asistiu esta mañá, na Coruña, á inauguración dunha exposición de vehículos ecolóxicos

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, destacou esta mañá na Coruña o papel que a mobilidade desenvolve no proceso de transición enerxética. Fernández Vila asistiu á inauguración da exposición de vehículos ecolóxicos Marineda + ECO, organizada pola Asociación Española del Automóvil Ecológico e que se manterá en Marineda City ata o 23 de marzo.

Na súa intervención, o director xeral explicou que a mobilidade eficiente e sustentable é un dos sete eixes da Axenda Enerxética de Galicia 2030 con accións encamiñadas ao fomento do uso de fontes de enerxía renovable no transporte, a renovación do parque móbil da administración, o fomento do vehículo eléctrico ou a promoción dunha mobilidade eficiente e sustentable.

Deste xeito, referiuse a programas como o Moves III que, cunha dotación de 40 M€, xa concedeu preto de 6.200 axudas das que a meirande parte son para a adquisición de vehículos eléctricos e ao redor dunha cuarta parte para instalación de puntos de recarga. O director tamén lembrou o Plan renova o teu vehículo, dirixido á renovar o parque móbil galego con automóbiles máis ecolóxicos.

Últimas novas