PROXECTOS SINGULARES DE MELLORA DA SUSTENTABILIDADE ENERXÉTICA EN EMPRESAS DO SECTOR INDUSTRIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA

PROXECTOS SINGULARES DE MELLORA DA SUSTENTABILIDADE ENERXÉTICA EN EMPRESAS DO SECTOR INDUSTRIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA

Inicio solicitude

Fin solicitude

Ano convocatoria

2024

Código(s):

IN421J

Concorrencia:

Competitiva

Fondos:

FTJ (Fondo de Transición Xusta)

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 6 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria para o ano 2024 de subvencións para proxectos singulares de mellora da sustentabilidade enerxética en empresas do sector industrial da provincia da Coruña, susceptibles de cofinanciación pola Unión Europea no marco do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027. (Código do procedemento administrativo IN421J). (DOG do 20 de maio de 2024).

1. Conceptos subvencionables

Serán subvencionables grandes proxectos tractores de descarbonización e renovación industrial que se executen dentro do territorio da provincia da Coruña. Apoiarase o desenvolvemento de proxectos singulares que xustifiquen a redución de consumo enerxético e de emisións de GEI recollidos no seguinte cadro, en función da liña da convocatoria a que opten: 

 

Denominación da liña Proxectos subvencionables
Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes (PA) Proxectos que xustifiquen rateos de aforro enerxético superiores a 0,1 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía por euro de inversión elixible
Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en polo menos un 30 % (PAD) Proxectos que xustifiquen rateos de aforro enerxético superiores a 0,01 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía por euro de inversión elixible e que ademais reduzan polo menos un 30 % as emisións de GEI.

En concreto, é elixible o proxecto técnico, os equipos e obra civil necesaria para o desenvolvemento da actuación, a dirección facultativa e as probas de posta en marcha.
Para contribuir á comprobación dos resultados enerxéticos tamén se apoiará a implantación de medidas de contabilización, monitorización e telexestión do consumo de enerxía asociado aos proxectos de aforro promovidos, así como a realización de auditorías enerxéticas e a implantación de sistemas de xestión enerxética con esta mesma finalidade.
O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 3.000.000 euros. Para pemes rebaixase o investimento mínimo a 1.500.000 euros. O investimento máximo non ten límite.
Cada solicitude contemplará un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou de varias actuacións que se valorarán de xeito conxunto. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes.

 

2. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións as empresas que acrediten a existencia dun centro de traballo ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da Provincia da Coruña, e que realicen unha actividade industrial. Para os efectos destas bases considérase actividade industrial aquelas da CNAE 2009 (regulado por Real Decreto 475/2007) que comecen pola división da 07 a 39.
O Inega comprobará o cumprimento da condición de peme ou non peme do solicitante, segundo a definición de peme contida no Anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 de 17 de xuño, xeral de exención por categorías, co fin de garantir o tratamento diferenciado dos distintos beneficiarios en función do tipo de intervención.

3. Período de actuacións subvencionables

Considéranse actuacións subvencionables as actuacions realizadas unha vez efectuada a solicitude de axuda. As actuacións non poden estar iniciadas con anterioridade a data de presentación da solicitude de axuda.
Enténdese por inicio dos traballos, conforme a definición recollida no artigo 2 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, ou ben o inicio dos traballos de construción ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido de equipos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible, se esta data é anterior; a merca de terreos e os traballos preparatorios como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade non se consideran inicio dos traballos.
A data límite para executar e xustificar o investimento será a que se fixe na resolución de concesión, a cuxo efecto terase en conta a data que a entidade solicitante indique na sua solicitude (Anexo I), no apartado: “data estimada de finalización do proxecto”, sen que en ningún caso dita data poida exceder do 15 de septembro de 2026.

4. Contía máxima da axuda

A contía da subvención será a que se determina no seguinte cadro en función da liña de axudas á que opte: 

Denominación da liña Intensidade de axuda
Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes (PA) 45 % do custe subvencionable
Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en polo menos un 30 % (PAD) 45 % do custe subvencionable para grandes empresas e 55 % para pemes

Establécese unha axuda máxima por expediente de 3.000.000 de euros. A axuda máxima por entidade beneficiaria no conxunto da convocatoria será de 5.000.000 de euros, salvo no caso que non houbese solicitudes alternativas.

 

5. Presentación de solicitudes

A presentación das solicitudes realizarase únicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.
Para poder facer a presentación electrónica a persoa representante da entidade solicitante deberá posuír un DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor.

 

6. Prazo para a presentación da solicitude e procedemento de concesión

O prazo de presentación de solicitudes comezara o 21 de maio as 9:00 h e finalizará o día 22 de xullo as 23:59 h. 
A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva utilizando os seguinte criterios de baremación:
A) Criterios de xeración de emprego. Puntuación máxima do apartado 20 puntos.
B) Criterios Medioambientais. Puntuación máxima do apartado 40 puntos.
C) Criterios que incentiven a participación de pemes no proxecto, a formación e a súa localización nos concellos máis afectados polo peche da centrais térmicas. Puntuación máxima do apartado 20 puntos.
D) Grao de madurez do proxecto. Puntuación máxima do apartado 20 puntos.

 

7. Modelos de documentación da solicitude

- Declaración responsable da capacidade administrativa, financieira e operativa.
- Memoria técnica.
- Ficha de consumo PAE.
- Declaración responsable de non causar prexuizo significativo ao medio ambiente.
- Declaración responsable da protección fronte ao cambio climático.
- Declaración responsable do cumprimento dos requisitos para grandes empresas.

- Declaración outorgamento.

 

8. Requirimentos de emenda

Segundo o artigo 21 das bases reguladoras da convocatoria, todas as notificacións realizaranse só por medios electrónicos, mediante o Sistema de Notificación Electrónica de Galicia - Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións na súa conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
Todos os trámites administrativos (presentación da solicitude, presentación da documentación requirida,…) que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).
 

9. Modelos de documentos para a xustificación do investimento

- Informe técnico da actuación realizada
- Memoria técnica de xustificación da publicidade dos Fondos de Transición Xusta.
- Instruccións de información para os beneficiarios de axudas procedentes dos Fondos de Transición Xusta.
- Modelo obrigatorio de publicidade (tamaño mínimo A3).
- Cartel de obra.

10. Acceso á aplicación informática

Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.

11. Máis información

Para solicitar máis información pode contactar co Inega a través dos teléfonos: 981 957 436 / 981 541 537.

 

Últimas axudas

Subvencións renovación de electrodomésticos

Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN414B, IN414C

Frechas enlace Frechas enlace

Proxectos de instalacións de enerxías renovables térmicas nos sectores industrial, agropecuario, servizos e administracións públicas (RD 1124/2021)

Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN422N

Frechas enlace Frechas enlace

Proxectos de instalacións de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público (RD 1124/2021)

Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN422O

Frechas enlace Frechas enlace